Feed

SEMPRE CON NÓS…FRAN PÈREZ, NARF

Posted on Novembro 18th, 2016 in Homenaxes by ENDL

Esta semana vén de deixarnos Narf. Quédanos a súa música para sempre.

Que a terra lle sexa leve!!!

UXÍA E MAGÍN CANTAN A MANUEL MARÍA

Posted on Decembro 6th, 2015 in Homenaxes,Música by ENDL

Canta o cuco, o libro disco homenaxe a Manuel María. Cantan Uxía e Magín, ilustra Leandro Lamas. Todo un luxo!

EU SON BALBINO…

Posted on Decembro 1st, 2015 in Homenaxes by ENDL

Que a terra che sexa leve, mestre!

      images

GRAZAS SEMPRE, ESTHER!

Posted on Xuño 29th, 2015 in Homenaxes by ENDL

Catro anos de traballo e esforzo, loitando semana tras semana, reunión tras reunión, para que todo encaixase, para que todo estivese a tempo e que nada quedase polo camiño.

Por todo isto, Esther, moitas grazas. Aí seguimos, como equipo, percorrendo ese vieiro lingüístico, ás veces tan difícil.

Bicos de todo o equipo.

E como agasallo, aí vai esta cantiga.

25 N-CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA (II)

Posted on Novembro 25th, 2013 in Homenaxes by ENDL

CUSTA MOITO RIR, PERO ABONDA UN TREN PARA CHORAR

Posted on Xullo 27th, 2013 in Homenaxes by ENDL

O ENDL do IES Castro Alobre quere amosar desde esta pequena ventá o seu sentimento de dor ante a tremenda traxedia ocorrida o 24 de xullo en Santiago de Compostela. Non nos chegan as palabras para expresalo, só quedamos co silencio para render homenaxe ás vítimas, enviar apertas virtuais aos que as choran e desexos de pronta recuperación aos ferid@s.
O título da entrada corresponde a unha canción de Bob Dylan do seu disco Highway 61 Revisited. A referencia tomouse do blog Versos e Aloumiños.

RECITANDO A CELSO EMILIO (II)

Posted on Febreiro 11th, 2013 in Homenaxes by ENDL

Xa o temos!.
Ás 12 do 12 do 12 do 2102, os grupos de 1º Eso B e 4º Eso B xuntámonos na Bilbioteca para celebrar o centenario do nacemento de Celso Emilio, nunha actividade organizada desde a Coordinadora de ENDL. Foron ducias de centros os que se uniron a esta convocatoria e nós, desde o Equipo de Normalización do Castro Alobre, aportamos o noso gran de area, para dicir ben alto as palabras do poeta en Deitado frente ao mar: “fáloa porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana”.
Grazas a tod@s os que participastes dalgún xeito en que isto saíse adiante, pero especialmente, a David Bueno e Carlos López, xunto coa súa titora Teresa Jorge, quen a contrarreloxo, e en plenos exames, prepararon esta versión que podedes ver no vídeo e a Inés Piñeiro e Irene García por encargarse da parte técnica do mesmo.

CELSO EMILIO FERREIRO I

Posted on Xaneiro 31st, 2013 in Homenaxes by ENDL

Presentámosvos este traballo realizado por Noa Robatto (3º Eso) e Tamara Fernández (4º Eso), homenaxeando un fermoso poema de amor de Celso Emilio titulado “Eu en ti” (incluído no seu poemario O soño sulagado).
Parabéns pola delicadeza que emana do voso traballo!
Clicade na imaxe!

DEITADO FRENTE AO MAR

Posted on Novembro 20th, 2012 in Celebracións,Homenaxes by ENDL

Desde a Coordinadora Galega de ENDL invítase a todos os centros educativos a que o día 12 do 12 do 2012 celebren o centenario do nacemento de Celso Emilio cun recitado colectivo dalgún poema deste autor celanovés.
E con tal motivo, encargáronlle un vídeo ao Obradoiro de Plástica do IES As Barxas .O resultado podédelo comprobar agora mesmiño. Alucinante!
Non deixan de sorprendernos gratamente desde este instituto de Moaña. Noraboa unha vez máis ao profesorado coordinador, Luz Beloso e Seso Durán e ás voces do propio Seso,das alumnas Jennifer, Iria, Katia, María, Lucía, Emma, Ana e Andrea e dos alumnos Ismael, Álvaro e Alejandro. Na guitarra eléctrica, Luis Camilo Fernández.
Mil grazas polo voso traballo, talento e esforzo. Cónstanos que o fixestes nun tempo récord.

DO ALUMNADO PARA ANA

Posted on Outubro 9th, 2012 in Homenaxes,Sen clasificar by ENDL

Recordos de 1º bacharelato D, da clase que aturaches as primeiras e últimas horas das mañás máis longas.

        NEGRA SOMBRA
        Cando penso que te fuches,
        negra sombra que me asombras,
        ó pé dos meus cabezales
        tornas facéndome mofa.
        Cando maxino que es ida,
        no mesmo sol te me amostras,
        i eres a estrela que brila,
        i eres o vento que zoa.
        Si cantan, es ti que cantas,
        si choran, es ti que choras,
        i es o marmurio do río
        i es a noite i es a aurora.
        En todo estás e ti es todo,
        pra min i en min mesma moras,
        nin me abandonarás nunca,
        sombra que sempre me asombras.