Feed

VISÍTANOS…XURXO MARIÑO

Posted on Xaneiro 21st, 2017 in Novas by ENDL

O martes, ás 12:15, para o alumnado de 1º BACH… Xurxo Mariño

    E para ir abrindo boca…

CAFÉS CON(VERSOS)

Posted on Outubro 8th, 2016 in Novas by ENDL

O ENDL do IES Castro Alobre inicia neste curso unha nova aventura: a de agasallar con versos a todas aquelas persoas que se acheguen ata a cafetería do centro saborear un café, infusión ou zume. Cada día, un verso distinto. Di Gonzalo Hermo no seu poemario Crac, que “a poesía é un estado de excepción”. Ben, pois imos encher ese estado con ducias e ducias de versos.

Agradecer a Pili, encargada da cafetería, a ilusión e entusiasmo co que recibiu a idea e a está levando a cabo diariamente.

Xa sabedes!. Un café con(verso).

    unnamed-1unnamed

    unnamed-2unnamed-3

TARXETA BONO

Posted on Outubro 10th, 2015 in Novas by ENDL

Tés entre 18 e 30 anos? Pois podes aproveitar a Tarxeta Bono Cultura Galega. Clica na imaxe e infórmate.Si, si, ela é Rosalía e el, Castelao.

      tarxeta_bono

A ESMORGA

Posted on Febreiro 6th, 2014 in Novas by ENDL

Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán, Morris, comezarán o día 12 de febreiro o percorrido de A Esmorga pola cidade de Auria-Ourense, nos papeis de Cibrán, Bocas e Milhomes. Dirixida por Igancio Vilar, xa estamos desexando vela e comentala nas aulas.

Praza Publica

FEÍSMO LINGÜÍSTICO

Posted on Outubro 16th, 2013 in Concursos e certames,Novas by ENDL

A asociación compostelá A Gentalha do Pichel acaba de convocar o I Concurso de Feísmo Lingüístico. Consiste en enviar fotografías onde quede de manifesto o desleixo e abandono ao que se somete, en infinidade de ocasións, o noso idioma. Ás veces parece que hai unha norma non escrita que tolera mellor e é máis permisiva coas faltas de ortografía en galego ca en castelán, e iso tampocuco axuda á consideración social do galego. A corrección lingüística é un valor en calquera lingua.
Se queredes participar, podedes enviar imaxes ata o 6 de xaneiro. Sobre as bases e os premios consultade no seguinte enlace Praza Pública

A viñeta é de Xosé Lois, O Carrabouxo.

ASTÉRIX E OBELIX

Posted on Outubro 8th, 2013 in Novas by ENDL

Se sodes dos que gozades coas historias de Astérix e Obelix, hoxe temos unha boa nova, pois o 24 de outubro estará nas nosas librarías Astérix e os pictos, publicado en galego pola editorial Xerais. A tradución está feita por Xavier Senín e Isabel Soto, autores tamén da versión en castelán, e nada se sabe da historia, así que haberá que esperar a ter un dos cinco millóns de exemplares que se van pór á venda en todo o mundo.Se queres saber máis, clica no enlace Sermos Galiza.

ANDROID EN GALEGO

Posted on Outubro 3rd, 2013 in Novas by ENDL

Mallando no Android é un espazo na rede que dá información sobre Android en galego e vén de pedirlle a Google que incorpore a nosa lingua propia, xa que é usada por máis de tres millóns de persoas.
Se apoias esta iniciativa, difúndeo a través das redes sociais co hastag #AndroidEnGalego!. Para máis información, clica no seguinte enlace Sermos Galiza.

CRIATURAS EN VILAGARCÍA

Posted on Maio 7th, 2013 in Novas by ENDL

Dentro da xira que está realizando por toda Galicia, Teatro do Aquí representa Criaturas, de Roberto Vidal Bolaño, no Auditorio Municipal de Vilagarcía. A cita é este venres, 10 de maio, ás 21:00 horas. As entradas podedes conseguilas no servizo on-line de Servinova ou no propio auditorio, desde dúas horas antes do inicio da representación.
Dirixida por Evaristo Calvo e protagonizada por Belén Constenla, Marcos ORsi, Vicente de Souza e Xoán Carlos Mejuto, esta obra gañou os premios teatrais María Casares e Max.
Non a perdades!.

DIA DE ROSALÍA (I)

Posted on Febreiro 22nd, 2013 in Novas by ENDL

O próximo domingo, 24 de febreiro, celébrase o día de Rosalía, por ser esta a súa data de nacemento. Ademais, este ano conmemórase o 150 aniversario de publicación de Cantares Gallegos. De aí, que estes días haxa ducias de actos por todo o país que celebren esta efeméride.
Un deles será en Vilagarcía, onde a Asociación Pesdebarro e o grupo de gaiteiros Os Demos da Petaca organizan unha alborada para Rosalía. Non a perdades,o domingo 24, na Praza de Galicia, ás 12:00 horas.
O busto en cartón-pedra da fotografía, representando a Rosalía de Castro, é da artista Susana Pazos Maside. Podedes apreciar a súa obra na páxina da galería-obradoiro Boullaca (A Estrada). Se clicades na imaxe podedes acceder á súa páxina.

TWITER EN GALEGO

Posted on Febreiro 21st, 2013 in Novas by ENDL

Xa está!. Twiter en galego desde o 20 de febreiro. Lede a noticia de Sermos Galiza clicando na imaxe.