Feed

O GALEGO, SEN CANCELAS

Posted on Abril 30th, 2017 in Concursos e certames by ENDL

O vídeo gañador do Correlingua 2017 foi obra do ENDL do CPI Suárez Marquier (O Rosal).
PARABÉNS!

E TI QUE SABES?

Posted on Marzo 15th, 2017 in Concursos e certames by ENDL

EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0

Posted on Maio 28th, 2016 in Concursos e certames by ENDL

Concurso este, o de Explícoche Matemáticas, 2.0, organizado polo SNL da Facultade, xunto coa Fundación Barrié e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.

 Unha viaxe de París a San Francisco, de Andrea Vilar Álvarez, estudante de 3º curso do grao en Matemáticas, da Facultade de Matemáticas da USC.

O gañador do concurso deste ano é o vídeo ‘As matemáticas que gañaron a Segunda Guerra Mundial‘, de Álvaro Cañete Rosell, Carolina Grille Sieira e Clara Vales Fernández, de 3º da ESO do Colexio Obradoiro da Coruña. Baixo a titorización de Jonás González Guinea.

Parabéns1 Visto en Carta Xeométrica

PEGATINAS 2016

Posted on Maio 14th, 2016 in Concursos e certames by ENDL

Como todos os anos, participamos no Concurso de Pegatinas da coordinadora de EDNL do Salnés. Este ano o lema era “Cen anos para o galego”

Estas son as finalistas, parabéns!!!

    Finalista 1º ciclo 2Finalista 1º CicloFinalista 2º ciclo

E esta foi gañadora, parabéns!!!

Gañadora 1º Ciclo

E parabéns igualmente a todo aquel alumnado participante,

      IMG_0276IMG_0277IMG_0279IMG_0280IMG_0283

Curtas para Rosalía

Posted on Xaneiro 23rd, 2016 in Concursos e certames,Curtas by ENDL

Unha muller que pasa.

Gañadora do certame “Curtas para Rosalía”, concurso convocado pola ASPG. Realizada e dirixida por Xosé Bocixa, con música de Luis Liñares e Roi Gil. O guión e edición foi feito a partir de versos de Rosalía de Castro.

3ª PREGUNTA E TI QUE SABES?

Posted on Maio 24th, 2015 in Concursos e certames by ENDL

Xa estamos na 3ª semana de concurso, ánimo que xa é a recta final. Esta semana as cuestións son sobre Ciencia.

      Ciencia 15

DAQUELAS QUE CANTAN

Posted on Maio 17th, 2015 in Concursos e certames by ENDL

2ª PREGUNTA E TI QUE SABES?

Posted on Maio 17th, 2015 in Concursos e certames by ENDL

1ª PREGUNTA
Buscade, no corredor de 4º ESO, o cartel da escritora que, actualmente, presenta e dirixe un programa cultural na Radio Galega.
Cal é o nome do programa? Desde que ano se emite? Como se chama ela?
2ª PREGUNTA
No cartel anterior recóllense algúns dos seus libros. Un dos títulos coincide, no uso dunha palabra, con outro poemario que ten como autora a unha poeta falecida, no 1967, en Parada do Courel (podedes buscar o cartel no corredor de 3º ESO)
Cal é o nome desta segunda muller? Cal é esa palabra coincidente? Cales son os títulos dos dous poemarios que concordan no uso do mesmo termo?
3ª PREGUNTA
Seguimos con mulleres poetas. Neste mesmo corredor, ides atopar o cartel dunha escritora que, no 1992, publicou un poemario que tamén ten a mesma palabra máxica que buscabades nas anteriores.
Cal é o título do libro?
Ademais, publicou no ano 2000, unha obra que leva por nome “Daquelas que cantan”. Este verso forma parte dun poema composto por unha das poetas galegas máis universais, que ademais está musicado por outra grande cantante galega.
Quen é esa poeta universal e cal é o espazo do centro ao que lle dá nome? Cal é o nome da artista que o interpreta musicalmente ( vid entrada no blog A voz do Alobre)

1ª PREGUNTA E TI QUE SABES?

Posted on Maio 10th, 2015 in Concursos e certames by ENDL

MASIDE

1º SEMANA: PINTURA

1. Nos corredores do 1º andar no edificio da ESO, os carteis das aulas están adicados a pintores/as. Entre eles hai tres que formaron parte dun movemento de renovación nas artes, chamado “Os novos”. Cales son estes tres artistas?

2. Un destes artistas traballou na súa mocidade nun comercio de tecidos na nosa vila. Cal é o seu nome?

3. Entre as obras pintadas por el, hai unha que serviu para facer unha figura de Cerámicas do Castro/Sargadelo. Cal é o título desta obra?

4. Cando morre, outro pintor amigo seu, escribe un artigo bucólico, no que conta como este lle falou dun muíño que coñeceu de neno nunha aldea, xunto ao río Ulla e o recordo dos cantos das texedoras da aldea. Dílle que lle gustaría vivir os últimos días naquel muíño. Unha vez morto, este amigo, lévao ao seu querido muíño, faille soñar que é o muiñeiro e fai que sete fermosas mozas campesiñas, collidas da man, lle cantan as súas inolvidables cancións, ata facelo durmir eternamente no vello muíño…xa durme no muíño e soña que é o muiñeiro.
Cal é o nome deste amigo?

Podedes buscar información nalgunha das entradas desta páxina do blogue.

BASES E TI QUE SABES?

Posted on Maio 10th, 2015 in Concursos e certames by ENDL
        Bases concurso

        E ti que sabes