Feed

POESÍA NA RÚA

Posted on Xuño 9th, 2014 in Poetízate by ENDL

AGORA

Posted on Febreiro 15th, 2014 in Poetízate by ENDL

Grazas a Carmen Corrales por este vídeopoema, baseado nun texto de Xoán Abeleira, titulado Agora e incluído no poemario As nosas sombras no xardín de Serralves.

POR AMOR

Posted on Xaneiro 30th, 2014 in Poetízate by ENDL

Videopoema realizado por Sofía Córdoba Pérez a partir do texto Por amor, de Darío Xohán Cabana.
Grazas, Sofía!

SOA

Posted on Xaneiro 22nd, 2014 in Poetízate by ENDL
      Hoxe xanto soa
      e as gotas pingan
      no fregadeiro.

      Hoxe non teño carta
      de ninguén que de
      min se acorde.

      Hoxe está gris
      e os cans buscan
      abrigo no limiar da casa.

      Hoxe morro asolagada
      no derradeiro sol das sete.

      Hoxe os corvos son felices
      porque a escuridade
      enche Irlanda.

    Poema de Antía Otero, do seu poemario O son da xordeira.

    Grazas a Clara Marqués e Laura Barcala pola foto!

ESCRIBIR FELICIDADE É SOBREACTUAR

Posted on Xaneiro 21st, 2014 in Poetízate by ENDL

Esta é a foto de Xurxo Soto e estes os versos. Pertencen a David Rodríguez e ao seu poemario Lapidarias. Os versos escuros.

ESCRIBIR FELICIDADE É SOBREACTUAR.

Di Xurxo que o poema lle transmite unha sensación de baleiro e saudade, que é o mesmo que percibe na foto.

Grazas, Xurxo!

¡GOL!

Posted on Xaneiro 20th, 2014 in Poetízate by ENDL

Poema de Blanco Amor e foto de Ignacio García Paz.

Grazas, Ignacio!

LUITADE, GALEGOS

Posted on Xaneiro 19th, 2014 in Poetízate by ENDL

Os versos escollidos por Carmen Cuervo Martínez son estes de Eduardo Pondal, do seu poemario Queixumes dos pinos.

Grazas, Carmen!

CUNETAS

Posted on Xaneiro 16th, 2014 in Poetízate by ENDL

Fotos tomadas por Aarón Vázquez Bouzas sobre uns versos do poema Cunetas, de Luis Pimentel.

Grazas, Aarón!

    Galicia ametrallada nas cunetas
    dos seus camiños.
    Chéganos outro berro.
    Señor, ¿qué fixemos?
    -Non fales en voz alta-.
    ¿Hasta cando durará iste gran enterro?
    -Non chores que poden escoitarte.
    Hoxe non choran máis que os que aman a Galicia-.

BOLBORETA

Posted on Xaneiro 15th, 2014 in Poetízate by ENDL

Desta volta traemos as fotos realizadas por Alexandre Senande Dosil sobre este poema de Francisco Fdez Naval, incluído no seu poemario Mar de Lira.
Xandre escolleuno porque “o libro do que está extraído foi escrito por un poeta que veranea na miña aldea natal, Lira, cuxa praia é o elemento principal sobre o que trata o libro. Recórdame moito o ambiente e as paisaxes de alí, e aos veráns e invernos que teño pasado coa miña familia e amigos.”
Grazas, Xandre!

    Bolboreta

    Durante o día
    o faro semella bolboreta durmida.
    Cando anoitece abre as alas
    e busca a sombra
    dos mariñeiros perdidos.

ENVELLECER

Posted on Xaneiro 13th, 2014 in Poetízate by ENDL

Hoxe traemos a fotografía de María Pereira Reboredo, sobre o poema Envellecer, de Ana Mª Fernández, incluído no seu libro Amar e outros verbos.

Grazas, María!

      Mira os avós.

           Antes eran máis grandes,

           máis altos,

           máis anchos…

           pero devecen coma as follas sen zume.

          Aseguran que o tempo é o único culpable,

         un furtivo que chega cos dentes afiados

         a cravárselles nos rostros

         mentres dormen,

        mentres botan farangullas ás pombas dos xardíns

        ou xogan coma  nenos.

        A miúdo falan de vidas que pasaron

        e argallan historias,

        ó quentaren as mans

         sobre a seda dos lumes.

         Os avós envellecen de vagar,

         pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,

          porque gardan

         o segredo do futuro,

         máis alá dos seus ollos pequenos.