Feed

ANDANDO A TERRA, CALENDARIO ENDL 2017

Posted on Decembro 18th, 2016 in ALMANAQUE by ENDL

Un ano máis, xa temos o almanaque 2017 do ENDL do IES Castro Alobre. Estase convertendo nun clásico e non é para menos. Cada ano tratamos de ofrecer algo diferente e este non ía ser distinto.

Andando a terra, título dun poemario de Manuel María, é o título escollido. Por que? Pois porque todas as imaxes foron realizadas polo noso alumnado en diferentes lugares do mundo, desde Galicia a New York, pasando por Croacia. Cada foto vai acompañada duns versos de Manuel María.

Grazas, pois, a todo o noso alumnado. Sen el, isto non sería posible.
Grazas a todo o equipo de normalización pola selección feita.
Grazas a María Buceta pola maquetación.
Grazas a Beatriz Alfonsín pola realización deste vídeo, que contén, non só as fotos seleccionadas, senón todas as enviadas.
Grazas a Pepe Torres, coordinador, por toda a loxística que hai detrás.
Grazas a Vanessa, a conserxe, pola distribución.