Feed

ROBÓTICA NO CASTRO ALOBRE

Posted on Maio 14th, 2016 in Celebracións,Galego e Ciencia by ENDL

A Coordinadora de EDNL organizou, o pasado 26 de abril, a segunda xornada do Día da Ciencia en Galego. Esta vez a videoconferencia ( como deseñar, programar e facer soar unha arpa usando o software Scratch 2.0) ía dirixida ao alumnado de Primaria. Participaron 2000 alumn@s de 37 centros. Emitiuse desde o noso centro e impartiuna a nosa ex compañeira Susana Oubiña.

Grazas a Susana, ao alumnado e profesorado participante, así como ás nosas rapazas e rapaces de 1º ESO, que tiveron aocasión de escoitala en directo.

E JORGE MIRA…CHEGOU

Posted on Novembro 22nd, 2015 in Galego e Ciencia by ENDL

O 13 de novembro, venres, foi unha xornada desas que van quedar na memoria de tod@s os que a vivimos na compaña de Jorge Mira.  Celebramos con el a Semana da Ciencia en Galego e aí vai o testemuño gráfico dese día.

Chegou ao instituto e foi recibido polo noso Coordinador, Pepe Torres, perfecto anfitrión que o acompañou ata o laboratorio que leva o seu nome.

      IMGP4442

      IMGP4435

      IMGP4436

      CTs6Q0oXAAAMcRI

      Baixou ao salón de actos, onde foi presentado por Rita e Miriam, dando comezo á charla…

      IMG-20151113-WA0001

      IMGP4473

      Interesounos, aprendemos e incluso, nos divertimos…

        IMGP4452

      Fotografámonos con el…

      IMGP4487

      IMGP4490

      IMGP4491

      IMGP4488

      Christian Fernández demostroulle as súas habilidades como mago…

        IMGP4493

        IMGP4494

    Asinou o seu libro,A ciencia no punto de Mira, esgotado en galego…

    IMGP4486

    Asinou, inaugurándoo, o libro de visitas da nosa Biblioteca. Deixou a súa pegada ad vitam aeternam nunha placa que acompañará, por sempre, á árbore que el escolleu como compañeira…

      CTtN8NpWoAAPUTq

      IMGP4495

      Fíxose unha foto co ENDL do centro (faltaban Sira e Beatriz)…

      IMG-20151113-WA0000

      E aínda tivo tempo de gravar un vídeo. Incrible o deste home, cantas cousiñas pode facer e todas ben!

      Logo, xa pola tarde, tuiteu co alumnado… e ao día seguinte, prensa…Clicade para ler as novas.

      2

      5

      GRAZAS SEMPRE, JORGE MIRA!

    JORGE MIRA (II)

    Posted on Novembro 11th, 2015 in Galego e Ciencia by ENDL

    Para ir abrindo boca…ou quentando motores. O venres 13 xa está aí.

    CHARLA DE JORGE MIRA

    Posted on Novembro 3rd, 2015 in Galego e Ciencia by ENDL
        Carte 2 Fondo amaraelo

    XURXO MARIÑO

    Posted on Outubro 25th, 2015 in Galego e Ciencia by ENDL

    O Día da Ciencia está cerca, o 4 de novembro, polo que nos pareceu axeitado traer ata aquí unha charla do científico Xurxo Mariño.

    ESCOITANDO AS NEURONAS

    DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

    Posted on Decembro 15th, 2013 in Galego e Ciencia by ENDL

    O 12 de novembro, a CGENDL volveu organizar o Día da Ciencia en Galego, coa participación de máis de 80 centros de toda Galicia, entre eles o IES Castro Alobre. O alumnado de 1º Eso D/E tivo a oportunidade de escoitar a Marilar Aleixandre, falando dos seus Benqueridos insectos e os mozos e mozas de 2º BAC D, de seguro aprenderon cousas con Jorge Mira Pérez sobre Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.

    Aquí quedan as conferencias enteiras para os que non tiveron oportunidade de escoitalas.

    VIDEOCONFERENCIA DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

    Posted on Novembro 8th, 2012 in Galego e Ciencia by ENDL

    O pasado martes 6 de novembro os alumnos de 1º de bacharelato A e B asistimos a unha videoconferencia en celebración do Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego 2012.

    O nome da videoconferencia foi “Facendo Física de Partículas polo mundo” e os físicos que nola deron foron:

    * Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.

    * Olalla Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.

    * Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN.

    * Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo.

    * Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.

    Na videoconferencia, que durou unha hora (de 12:30 a 13:30), participamos sobre uns 90 centros de toda Galicia, e estaban incluídos varios de Vilagarcía de Arousa.

    Primeiro presentáronse e resumíronnos a súa traxectoria académica e laboral, dicíndonos ao que se dedican actualmente. Foi un orgullo para nós saber que dous galegos, Patricia e Cibrán, participaron no descubrimento do Bosón de Higgs xa que forman parte do equipo de físicos que levan a cabo esta investigación e que pertence ao CERN.

    Pareceunos interesante saber sobre isto e ademais ao rematar as explicacións permitiron facerlles preguntas tanto sobre física como da vida persoal. A videoconferencia seguiuse en twitter cos hastag #cienciaetecnoloxiaengalego e #CERNgalego a través dos cales atenderon a máis das nosas preguntas xa rematada a videoconferencia.

    Cremos que é unha actividade que se debería realizar todos os anos, xa que ademais de descubrirnos cousas novas sobre a ciencia, anímannos a estudar en Galicia e en galego coa posibilidade de chegar tan lonxe coma eles.

    Aquí deixamos un vídeo sobre que é o Bosón de Higgs:

    Animámosvos a que comentedes o que queirades sobre a videoconferencia e a que compartades a vosa opinión.

    Óscar Ríos e Belén Suárez, 1º bach A

    DIA DA CIENCIA EN GALEGO 2012

    Posted on Novembro 5th, 2012 in Galego e Ciencia,Sen clasificar by ENDL

    Mañá, martes 6 de novembro, realizaremos dúas actividades para conmemorar o III DIA DA CIENCIA EN GALEGO:
    1. O alumnado de 1º de Bacharelato A e B participará nunha videoconferencia organizada pola coordinadora de equipos de normalización e dinamización lingüística. Esta actividade terá lugar entre as 12,30 e as 13,30 nas aulas de 1º de Bacharelato A e a aula de Tecnoloxía do edificio de Bacharelato.
    Máis información en http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=cienciaengalego/2012/videoconferencias.php

    2. Paralelamente, o profesorado de Matemáticas de 3º da ESO A e B vai realizar un xogo de operacións con números reais no patio do noso centro educativo.

    Esperemos que disfrutedes da Ciencia en galego!

    ELES XA O FALAN. E TI?

    Hoxe queremos compartir convosco no blog o testemuño e a experiencia de varios mozos e mozas que falan o noso idioma. Se é certo iso que pensades de que o galego só se fala aquí e, para sermos exactos, basicamente nas aldeas, daquela… vaia nomes máis raros lles puxeron os seus pais a algúns destes pobres paisaniños e paisaniñas! Como dirían as avoas, “quedoulles a cabesa descansada”.

    En realidade, poida que, se cadra, talvez, probabelmente, quen sabe, algúns destes mozos e mozas naceran nunha aldea. O que si temos claro é que, de ser así, esa aldea énos ben, ben remota…

    Se queredes escoitalos e coñecelos clicade en cada un dos seus nomes.Certamente, paga a pena.

    _ Daria Shornikova

    _ Wiktoria Grygierzec

    _ Arif Budiman

    _ Paulina Ceremuzynska

    _ Sara Ardovini

    _ Zuzana Pesselová

    _ Carlos Aranda

    _ Estefanía Prieto

    _ Veronika Gergely

    _ Joana Stankiewick e Maria Boguszewick

    _ Unha tropa de louros, altos e coloradiños

    E para a xente madura, isto é, os profes e profas, tamén temos bos exemplos que darlles. A verdade é que este que traemos aquí vénnos que nin pintado pois, a piques de celebrarmos o Día da Ciencia en Galego (4 de novembro) damos boa mostra de que entre a Química e o Galego hai, nunca mellor dito, moi boa química. Así que…, o dito. Arreando, que hai para tod@s!

    En galego tamén se fai ciencia

    Posted on Novembro 3rd, 2010 in Campañas,Celebracións,Galego e Ciencia by ENDL

    Este xoves, 4 de novembro, algúns profes e alumnos de 4º Eso do Castro saímos á Praza de Galicia, xunto con outros centros da vila, para celebrar o Día da Ciencia en Galego. Na celebración desta xornada quixemos demostrarlles a todas as persoas que por alí pasaron que o galego é unha lingua adecuada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico. Así que alí nos puxemos a xogar cos números, facer experimentos químicos, proxectos tecnolóxicos…

    Velaquí tendes outra iniciativa ben chula: a campaña dos profesores e profesoras das tres Universidades galegas que imparten as súas aulas en galego. ESCOITADE, ESCOITADE. Iso si que é non ter papas na lingua…

    En galego tamén se fai ciencia