Feed

CISCAVERSOS VIII

Posted on Febreiro 14th, 2016 in Ciscaversos by ENDL

Olalla Cociña, As cervicais da memoria

    20160214_155500

    descarga

CISCAVERSOS VII

Posted on Xaneiro 9th, 2016 in Ciscaversos by ENDL
      20160109_172327

    Diana Varela Puñal, do seu poemario Fíos

      diana varela puñal

CISCAVERSOS VI

Posted on Outubro 10th, 2015 in Ciscaversos by ENDL

Manuel Rivas , A boca da terra

    20151010_200126
      1254543727X60sb9

CISCAVERSOS (V)

Posted on Decembro 2nd, 2013 in Ciscaversos by ENDL

Do poemario Amantes, de María Lado.

    O INEXPERTO

    que ben sabes, amor novo,

    os teus bicos son mazás de inverno,
    nacidas para gardar entre a roupa
    á calor da lencería
    debaixo da saia

    e eu devezo
    por levar o teu arrecendo nas costuras

CISCAVERSOS (IV)

Posted on Novembro 8th, 2013 in Ciscaversos by ENDL

Xa van dez anos desde que morreu a poeta Xela Arias. Desde esta sección, o noso recordo cun texto fermosísimo sobre a maternidade, da súa obra Darío a diario
As imaxes da presentación recolléronse do blog Pinzellades al mon..

CISCAVERSOS (III)

Posted on Outubro 22nd, 2013 in Ciscaversos by ENDL

Grazas a Ramón Nicolás e ao seu blog Caderno da Crítica podemos amosarvos hoxe este fermoso manuscrito (letra de Carme Blanco) e debuxo dun poema de Claudio Rodríguez Fer . Titúlase Alén e pertence ao poemario Tigres de ternura.

CISCAVERSOS (II)

Posted on Outubro 15th, 2013 in Ciscaversos by ENDL
    SERÁN
    Cólleme da man, como quero que me collas
    cando nas horas escuras o círculo se estreita
    e non podo chamar por ti
    e os berros se me espallan polas ringleiras dos dedos
    e me faltas máis que nunca. É entón a túa voz
    a ponte que me leva
    á fin da selva fosca e premorosa
    na que tanto temía
    e me baixa á praza amena de agasallos,
    ó claro adro dos limóns fendidos,
    onde sentada espero
    o perfil do teu sorriso,
    o feitizo do teu brando camiñar
    que xa se albisca no afastado do horizonte.
    Helena de Carlos, Alta casa

CISCAVERSOS (I)

Posted on Outubro 1st, 2013 in Ciscaversos by ENDL

Comezamos hoxe unha sección que pretende espallar os nosos versos e sementar as vosas palabras.Comezamos cun poema de Estíbaliz Espinosa, que pertence ao poemario número e (X Premio de Poesía Espiral Maior) e vai adicado ás matemáticas do equipo.

        Poderías estar aquí
        pero estás aí

        poderías estar aquí
        pero estás aí

        poderías estar aquí
        pero estás aí

        poderías estar aquí
        pero estás aí

        poderías estar aquí
        pero estás aí

        poderías estar aquí
        pero estás aí

        poderías estar aquí
        o tempo toma o seu tempo

        nin elevándome a n podería traspasalo