Feed

ATA SETEMBRO!

Posted on Xullo 2nd, 2017 in Pechado por vacacións by ENDL

Remata un novo curso e despedímonos ata setembro.

Olga e Carme facémolo ata sempre. Grazas ao ENDL do IES Castro Alobre por poder compartir momentos inolvidables, risas inesquecibles e persoas imprescindibles xa nas nosas vidas. E queremos marchar co poema co que despedimos o curso (A FALA , de Manuel María). Apertas normalizadoras

      O idioma é a chave
      coa que abrimos o mundo:
      o salouco máis feble,
      o pesar máis profundo.

      O idioma é a vida,
      o coitelo da dor,
      o murmurio do vento,
      a palabra de amor.

      O idioma é o tempo,
      é a voz dos avós
      e ese breve ronsel
      que deixaremos nós.

      O idioma é un herdo,
      patrimonio do pobo,
      maxicamente vello,
      eternamente novo.

      O idioma é a patria,
      a esencia máis nosa,
      a creación común
      meirande e poderosa.

      O idioma é a forza
      que nos xungue e sostén.
      Se perdemos a fala
      non seremos ninguén!

      O idioma é o amor,
      o latexo, a verdade,
      a fonte da que agroma
      a máis fonda irmandade.

      Renunciar ao idioma
      é ser mudo e morrer.
      Precisamos a lingua
      se queremos vencer!

Bo verán!

ATA SETEMBRO

Posted on Xuño 30th, 2016 in Pechado por vacacións by ENDL

Toca descansar. Bo verán, boa lecturas e apertas normalizadoras.

        playa_Renie Britenbucher

ATA SETEMBRO!

Posted on Xuño 30th, 2015 in Pechado por vacacións by ENDL