Feed

AS SOBREMESAS DE ÁNXELES

Posted on Novembro 18th, 2016 in As sobremesas de Anxeles by ENDL

TORTA DE PERAS

Ingredientes:
4 peras conferencia, 3 iogures naturais, 1 vaso 1/2 de iogur de azucre, 4 culleradas de manteiga, 4 ovos, marmelada de pexego.

-Pelamos tres peras, partímolas e colocámolas nun bol.
– Engadimos o resto dos ingredientes e mesturamos todo co batedor.
– Pelamos a a outra pera; partímola e anacos e colocámola por riba.
– Metémola no forno prequentado ata que calle.
– Deixamos que arrefríe, desmoldamos e adornamos ao gusto (zucre, marmelada…)

    img_20161003_103611

AS SOBREMESAS DE ANXELES

Posted on Marzo 13th, 2016 in As sobremesas de Anxeles by ENDL

PASTEL DE UVA

PRECÍSASE:
125 GR. DE UVAS NATURAIS
2 OVOS GRANDES
125 GR. DE ZUCRE
1/2 LIMÓN
90 GR. DE MARGARINA
1/2 DL DE LEITE
150 GR. DE FARIÑA
1 CULLERADIÑA DE LÉVEDO EN PO

E AGORA:

Preparar o forno a 180º.
Unta o molde con margarina.
Cortar pola metade as uvas e cortar as pebidas.
Colocar a metade das uvas no molde.
Bater os ovos co zucre e o zume de limón.
Engadir a margarina e o leite, batendo a mestura.
Logo a fariña e o lévedo.
Verquer todo no molde e cubrir co resto das uvas.
Deixar cocer 35 minutos

    20160121_102743

    20160121_103033

AS SOBREMESAS DE ANXELES II

Posted on Febreiro 14th, 2016 in As sobremesas de Anxeles by ENDL

PASTEL DE XENXIBRE E LARANXA

Que precisamos?

3 ovos
160 gr. de azucre
1/2 laranxa (zume e pel)
1/2 cullerada de xenxibre relado
125 gr. de fariña
1 culleriña de lévedo
50 gr de azucre glaseado
zume de limón

Como o facemos?

Untamos o molde con manteiga.
Forno a 180º
Bater as xemas co azucre , engadindo a pel e zume de laranxa.
Engadir o xenxibre e o aceite.
Bater as claras a punto de neve e envolvelas co preparado anterior, alternando coa fariña e o lévedo.
Verquer no molde a meter no forno durante 35 minutos.
Preparar o glaseado co azucre e o zume de limón e cubrir con el cando o biscoito estea frío

      20160114_102304

      20160114_102533

AS SOBREMESAS DE ANXELES I

Posted on Decembro 17th, 2015 in As sobremesas de Anxeles by ENDL

No Departamento de Lingua Galega e Literatura temos, na reunión semanal, a inmensa sorte de saborear as exquisitas sobremesas da nosa compañeira Anxeles. E como non somos nada egoístas, a partir de hoxe queremos compartilas con tod@s vós. Así que queda inaugurada a sección con este delicioso biscoito de cereixas.

Grazas sempre, Anxeles!

BISCOITO DE CEREIXAS

Ingredientes:

2 ovos
125 gr. de cereixas
175 gr. de fariña
115 gr. de azucre
125 gr. de iogur
75 gr. de manteiga
1 cullerada pequena de levadura
½ de azucre avainillado
150 gr. de chocolate para fundir

Modo de elaboración:
Prender o forno a 180º e untar o molde coa manteiga.
Bater a manteiga que resta co azucre ata obter unha pasta cremosa. Engadir os ovos un a un, despois o iogur e mesturalo ben.
Tamizar a fariña coa levadura e o azucre avainillado.
Engadir as cereixas sen pebida. Poñer no molde.
Derretemos o chocolate ao baño maría, collemos unha culler e imos botando chocolate enriba do biscoito antes de metelo no forno.
Pasados 30´, botamos unha olladiña a ver se está cocido, xa sabedes!, pinchades cun pauciño de brocheta para ver se sae e limpo a xa está listo.

      20151203_102355

      20151203_102621