Feed

LERMOS.GAL

Posted on Xaneiro 17th, 2016 in Publicacións by ENDL

E seguimos con novidades. Un punto de encontro para todas aquelas persoas ás que lles guste ler e en galego. LERMOS.GAL

Necesaria iniciativa. Cantas máis, mellor!

Clicade no enlace

      Captura.

    REVISTA COOLT

    Posted on Xaneiro 17th, 2016 in Publicacións by ENDL

    Sempre é unha alegría darlle a benvida a unha revista nova. Neste caso, chámase Coolt e preséntase como revista de tendencias. Ofrece un chisco de todo e bota a andar, entre outras cousas, cunha entrevista a Sés e un artigo sobre muller e discriminación laboral. Sorte nesta nova andaina.

        Captura

    TANXENTE

    Posted on Setembro 27th, 2015 in Publicacións by ENDL

    Hai tan poucos medios en lingua galega, que cada nacemento é unha alegría.

    Hoxe damos a benvida á revista Tanxente, o punto en común coa cultura (Tendencias, Arte, Actualidade, Deportes, Letras…)

    Clicade na imaxe e accededes a ela.

        18972

      OLLOS DE AULA

      Posted on Outubro 25th, 2012 in Publicacións by ENDL

      Desde a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística acaba de pórse en marcha unha nova revista, chámase Ollos de aula e vai dirixida a todas as familias que desexen coñecer novas moi gorentosas sobre libros, reformas educativas, consellos para ter éxito nos estudos, etc…

      Se pinchades enriba da portada accederedes directamente ao primeiro número da revista. Comunicaremos neste blog a publicación dos vindeiros números.
      Agardamos que vos interese.