Feed

O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS

Posted on Marzo 2nd, 2013 in Exposicións by ENDL

A primeira semana de febreiro estivo no centro a exposición “O galego tamén noutros mundos“, facilitada polo Servizo de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra. Estas son algunhas das imaxes recollidas durante a visita de alumnado de 1º ESO.







TEMOS PALABRAS MILENARIAS. ÍMOLAS PERDER?

Posted on Xuño 25th, 2011 in Campañas,Exposicións,Sabías que... by ENDL

 

Esta última semana do curso fixemos unha cousa ben bonita entre os membros do Centro: profes, alumnos/as, conserxes, persoal administrativo e da limpeza, pais e nais… todos participamos na recollida, en post its de cores, das nosas palabras preferidas do galego e xuntamos unha cifra non pequena: 727! Aí queda iso!

Colocámolas todas nun fermoso mural: o das nosas Palabras Milenarias.

 

Pero á actividade faltáballe unha voltiña máis, un chisco de reflexión por parte de todos os participantes. E é que a exposición resultou todo un éxito de participación e o mural digno de ver, pero agora que comezan as vacacións esas palabras ficarán pegadas nesa parede do instituto, sen que ninguén as vexa durante dous meses… E, claro está, as palabras, as linguas, non viven nos papeis nin nas paredes, así que desde o ENDL convidámosvos a todos e todas á reflexión: DEPENDE DE NÓS.

LOIS NO INSTITUTO E EN VILAGARCÍA

Posted on Maio 29th, 2011 in Celebracións,Exposicións,Homenaxes by ENDL

 

Os do ENDL estamos que non paramos coa homenaxe a Lois Pereiro. Estas foron as dúas últimas actividades relacionadas co poeta nas que participamos:

_ Colaboramos co Departamento de Lingua Galega e Literatura na actividade “Lois en Vilagarcía”, coa recollida de fotos de alumnos e alumnas que levaron os versos do poeta a pasear pola vila. A exposición quedou ben chula. Velaquí algunhas das fotos:

 

_ Por último, deseñamos unha actividade de carácter didáctico e cultural: o Roteiro Lois. Utilizando como base os cartaces que todos os anos envía a Consellaría, elaboramos un cuestionario a partir da información contida en cada un deles e colgámolos, ao chou, por distintos espazos do Centro: desde a Biblioteca, pasando polas oficinas, chegando ao pavillón, facendo descanso na cafetaría até chegar ao edificio de Bacharelato. Os alumnos e alumnas, cuestionario en man, dispuxeron dos 50 minutos dunha sesión para percorreren o instituto e daren resposta a todas as preguntas. É E QUE NON HAI COMO OBTER INFORMACIÓN DE PRIMEIRA MAN! E O DE SAÍR DE PASEO POLO CENTRO TAMPOUCO CHE ESTÁ NADA MAL…