Feed

SABÍAS QUE…

Posted on Abril 1st, 2017 in Sabías que... by ENDL

Isto tamén é normalizar! E xa non era sen tempo!

A RAG incorpora a busca directa de palabras pola súa forma en feminino.

 

     

PASEOS POR VILAGARCÍA SUBTITULADOS EN FRANCÉS

Posted on Febreiro 18th, 2017 in Sabías que... by ENDL

Xa están os Paseos Vilagarciáns subtitulados ao Francés. Grazas a Sandra, Solange e Susana, do Departamento de Francés, pola tradución e grazas a Bea pola edición!!!

SABÍAS QUE…

Posted on Febreiro 3rd, 2017 in Sabías que... by ENDL

Boas novas! Achegándonos xa ao Día de Rosalía, o 24 de febreiro, acabamos de coñecer que o aeroporto da Lavacolla pasará a chamarse ROSALÍA DE CASTRO.
Pero non só iso, a compañía Norwagian decidiu que o BOEING 737-800, DE 186 prazas, leve o rostro da nosa poeta. A razón está nas palabras do presidente da aeroliña norueguesa, quen afirmou que ” Rosalía era ideal: recuperou o galego como lingua de cultura e foi pioneira no feminismo”.

Agora só queda que a compañía cambie o de Spanish author por Galicien author

    SABÍAS QUE…?

    Posted on Outubro 4th, 2016 in Sabías que... by ENDL

    Se andades por Compostela entre o 3 e o 9 de outubro, podedes asistir no Teatro Principal a unha nova edición de Curtocircuíto, o festival de música, cultura e moito, moito cine.

    Máis información en Disquecool.

        curtocircuito

    LINGUA + COCA COLA.

    Posted on Maio 14th, 2016 in Sabías que... by ENDL

    Pois non está mal! Coca cola acaba de incorporar o galego a 30 dos seus vehículos, eses que percorren as nosas vilas e cidades, servindo cerca de tres millóns de caixas do seu produto.

    Benvidas iniciativas coma esta.

    Visto en Marlou.


      O conselleiro de Cultura, Educaci—n e Ordenaci—n Universitaria, Rom‡n Rodr’guez, e o director da çrea Norte de Coca-Cola Iberian partners, Carlos Aguirregomezcorta, presentar‡n a nova frota de veh’culos de Coca-Cola rotulados en galego.

        ONDE VAN OS CARTOS DUN LIBRO? I PARTE

        Posted on Xaneiro 23rd, 2016 in Sabías que... by ENDL

        En Lermos. gal atopamos dous artigos moi esclarecedores, explicando a onde van os cartos que se derivan da publicación dun libro. Falan   d@s escritor@s e editor@s.

        Clicando en cada unha das imaxes obtedes moita máis información.

            we

             

            Captura

        GRAZAS E LOGO M…

        Posted on Decembro 15th, 2015 in Sabías que... by ENDL

        Nunha votación promovida por Disquecool durante o Culturgal do ano pasado, buscábase a palabra máis odiada da lingua galega. Grazas, en primeiro lugar. Merda, de segundo.
        Neste vídeo do Portal das palabras, a lingüista María Pereira explica as razóns polas que debemos dicir grazas, e non gracias.

        Vía Carta Xeométrica

        SABÍAS QUE…

        Posted on Outubro 13th, 2015 in Sabías que... by ENDL
              FB_IMG_1444743573590

        SABÍAS QUE…

        Posted on Outubro 10th, 2015 in Sabías que... by ENDL

        EMPÁPATE CO GALEGO

        Posted on Xuño 4th, 2015 in Sabías que... by ENDL