Feed

SALVEMOS CATASÓS!

Posted on Marzo 4th, 2017 in Xente interesante by ENDL

Vídeo realizado polo alumnado de Filosofía do IES Colmeiro (Silleda) na defensa das fragas de Catasós (Lalín).

Grazas, María!

O GALEGO NON PARA

Posted on Decembro 2nd, 2016 in Xente interesante by ENDL

O EDLG do IES Chapela xa nos ten acostumad@s ao traballo ben feito e este vídeo (mannequin challenge)” O galego non para” é unha nova mostra.

Música: Berrogüetto – “Cantos de Monzo” do álbum “Hepta” (2001). Voces: Xabier Díaz e Guadi Galego.

Parabéns!

VIVINDO EN GALEGO

Posted on Maio 14th, 2016 in Andando país,Xente interesante by ENDL

Traballo magnífico da CEDNL do Morrazo. Profesionais da zona poñen en valor a súa lingua, valorándoa e enxalzándoa.

Visto en Carta Xeométrica

PRECISAMOS A LINGUA SE QUEREMOS VENCER

Posted on Maio 1st, 2016 in Xente interesante by ENDL

SERGIO ALVAREZ

Posted on Abril 24th, 2016 in Xente interesante by ENDL

Os nosos parabéns ao Gato de Catoira, a Sergio Alvarez, gardameta do Celta de Vigo por ese recoñecemento. Que orgullo! Xente coma el fai falta para a normalización do noso idioma, pero non só no fútbol… E ademais di que o seu libro favorito é Resistencia, de Rosa Aneiros. Que máis se pode pedir!

E O GAÑADOR É …NICO CASAL

Posted on Marzo 13th, 2016 in Xente interesante by ENDL

Sabías que é galego o compositor da curta gañadora (Stutterer)dun Oscar nesta pasada edición?

Aquí vos deixamos unha entrevista con Nico Casal e o tráiler da curta.

HOXE RECOMENDAMOS…TENDAIS

Posted on Xaneiro 30th, 2016 in Xente interesante by ENDL

Nun dos últimos números da revista Luzes, recollíanse algunhas das fotos feitas por Avelino González a numerosos tendais. Sempre nos gustaron porque din moito de nós e indagando, indagando, demos co blog de Avelino, onde se inclúen moitas fotos cos seus respectivos títulos.

Unha auténtica gozada!

Di o autor: SOMOS A ROUPA QUE TENDEMOS e tamén o xeito de tendela.

É certo. A que si?

      blogme-198

      blogme-199

      blogme-203

      blogme-205

      blogme-207

      Tendal 1

XENTE INTERESANTE

Posted on Setembro 24th, 2015 in Xente interesante by ENDL

Ana Corredoira, gandeira. Expoñente desta nova xeración de mozas e mozos que, con formación, decidiron seguir a tradición familiar e quedar na terra, traballándoa, mantendo así o cerne da nosa identidade. Coñecémola a través dos medios, nun informativo televisivo, falando desta última crise do sector lácteo. Impresionounos a dignidade coa que defendía o que desde sempre a vén acompañando: o traballo no campo e o amor ás vacas. Estes días, de casualidade, buscando material para as aulas, volvemos dar con ela, nunha charla de 16 minutos, na que fala de iniciativa, determinación e ilusión (I+D+i) para vivir. Paga a pena escoitala, reflexionar sobre o que di “a única forma de vivir é vivir sen medo e a ilusión ten a poderosa capacidade de transformar o medo. De transformalo en valor (…)porque o que agora é doado, foi difícil, foi un reto no seu momento”. Orgullo de país!

FESTA FINAL DE CURSO

Posted on Xuño 20th, 2015 in Xente interesante by ENDL

Grazas ao alumnado que participou noa labores do EDNL e, por suposto, a Esther, que en todo momento mantivo o entusiamo e comandou esta nave coma ninguén.

      Esther

    MEU O MUNDO É!

    Posted on Decembro 13th, 2013 in Xente interesante by ENDL

    Paco Nogueiras Nodar ten unha morea de vídeos orixinais, que podedes ver na súa canle de You Tube.

    Gozade e bailade con este. E non esquezades a mensaxe!

    Boa fin de semana!