Feed

LOIS NO INSTITUTO E EN VILAGARCÍA

Posted on Maio 29th, 2011 in Celebracións,Exposicións,Homenaxes by ENDL

 

Os do ENDL estamos que non paramos coa homenaxe a Lois Pereiro. Estas foron as dúas últimas actividades relacionadas co poeta nas que participamos:

_ Colaboramos co Departamento de Lingua Galega e Literatura na actividade “Lois en Vilagarcía”, coa recollida de fotos de alumnos e alumnas que levaron os versos do poeta a pasear pola vila. A exposición quedou ben chula. Velaquí algunhas das fotos:

 

_ Por último, deseñamos unha actividade de carácter didáctico e cultural: o Roteiro Lois. Utilizando como base os cartaces que todos os anos envía a Consellaría, elaboramos un cuestionario a partir da información contida en cada un deles e colgámolos, ao chou, por distintos espazos do Centro: desde a Biblioteca, pasando polas oficinas, chegando ao pavillón, facendo descanso na cafetaría até chegar ao edificio de Bacharelato. Os alumnos e alumnas, cuestionario en man, dispuxeron dos 50 minutos dunha sesión para percorreren o instituto e daren resposta a todas as preguntas. É E QUE NON HAI COMO OBTER INFORMACIÓN DE PRIMEIRA MAN! E O DE SAÍR DE PASEO POLO CENTRO TAMPOUCO CHE ESTÁ NADA MAL…

COÑECENDO MELLOR A LOIS PEREIRO

Posted on Maio 14th, 2011 in Celebracións,Homenaxes by ENDL

Hoxe subimos ao blog tres magníficas presentacións sobre Lois Pereiro elaboradas por cinco alumnas de 1º BAC, que quixeron achegarse co seu traballo un pouquichiño máis á figura do poeta e acabaron descubrindo un gran ser humano.
PARABÉNS, MOZAS, BO TRABALLO! GRAZAS POR COMPARTILO CON NÓS

Have A Cigar

Sara Salgado

Nerea Balebona e Silvia Búa

A QUE NON SABÍAS QUE…?

Posted on Maio 8th, 2011 in Campañas,Sabías que... by ENDL

.

PARA PENSAR UN POUQUICHIÑO, QUE BOA FALTA FAI…
SEGURO QUE NON TIÑAS NIN IDEA. POIS SORPRÉNDETE!

ORGULLOSOS DO NOSO, ORGULLOSOS DO GALEGO!