Feed

TEMOS PALABRAS MILENARIAS. ÍMOLAS PERDER?

Posted on Xuño 25th, 2011 in Campañas,Exposicións,Sabías que... by ENDL

 

Esta última semana do curso fixemos unha cousa ben bonita entre os membros do Centro: profes, alumnos/as, conserxes, persoal administrativo e da limpeza, pais e nais… todos participamos na recollida, en post its de cores, das nosas palabras preferidas do galego e xuntamos unha cifra non pequena: 727! Aí queda iso!

Colocámolas todas nun fermoso mural: o das nosas Palabras Milenarias.

 

Pero á actividade faltáballe unha voltiña máis, un chisco de reflexión por parte de todos os participantes. E é que a exposición resultou todo un éxito de participación e o mural digno de ver, pero agora que comezan as vacacións esas palabras ficarán pegadas nesa parede do instituto, sen que ninguén as vexa durante dous meses… E, claro está, as palabras, as linguas, non viven nos papeis nin nas paredes, así que desde o ENDL convidámosvos a todos e todas á reflexión: DEPENDE DE NÓS.

MÁIS LOIS

Posted on Xuño 6th, 2011 in Homenaxes,Obradoiros,Sabías que... by ENDL

 

SABÍAS QUE…

Un centón ou preverbio é unha composición poética que se constrúe combinando versos (ou medios versos) xa preexistentes. Os bos centoneiros e centoneiras poden utilizar versos enteiros ou fundir dous hemistiquios nun só verso, pero nunca empregar dous versos do mesmo poema seguidos. Os poemas resultantes adquiren sentidos e significados que transcenden os textos orixinais.

Velaquí tedes dous centóns elaborados por unha alumna e un alumno de 1º BAC. Nesta ocasión os versos son todos de Lois Pereiro e o resultado é excepcional. LEDE, LEDE…

A vida é coma unha besta en perigo.

A vida non é eterna para ninguén.

Que ben se sinte un cando non teme  nada.                                                                                     

Eu son un deus sensual,                                                                                                                                                        

náufrago da expulsión do paradiso.

Son un mutante,

a memoria gótica do terror que sinto.

A indiferenza mata,

o desamor, brutal amputación.

Sintonizo a emisora da súa alma,

teño a cabeza no centro do mundo.

No amor, como na guerra, oímos o tiro que nos alcanza.

A morte, como o amor, nunca advirte por onde se nos achega…

(Jacobo Roo)

 

Son un mutante,

que amor/tóxico inxecta.

Son xa un veterán de moitas guerras

e só quero obter o que eu mereza e me queiran dar.

Eu son un deus sensual,                                                                                                                          

náufrago da expulsión do paradiso.

Que ben se sinte un cando non teme nada…                                                                                                

E agora pecha os ollos,

bícame as vértebras con furia.

Explórote cos ollos,

paséome por ti,

descúbrote por dentro.

(Ós que aman con espírito suicida)

Días contados de paixón inerte,

a vida non é eterna para ninguén;

todos probamos o mel e despois o coitelo.

(Sara Salgado)