Feed

TALVEZ ISTO CHE INTERESE

Posted on Outubro 8th, 2011 in Novas by ENDL

Velaquí tendes algunhas das últimas novas publicadas na prensa diaria en relación coa nosa lingua:

_ OS ENDL DOS CENTROS DE ENSINO SEN AXUDAS PARA O CURSO 2011/12.

_PRESENTADO EN SANTIAGO O PROXECTO SERMOS GALIZA

_ CUNQUEIRO EN INGLÉS: Folks from here and there

_ DIOS KE TE CREW: novo disco para combater a HUMANOSE. Escoita algúns dos temas premendo aquí.

SOCI@, BUSCO SOCI@!

Posted on Outubro 8th, 2011 in Campañas by ENDL

Moi boas! Xa estamos de volta!

Nun curso que parece presentarse con moitas dificultades para todos os que facemos parte do Ensino Público, aquí seguiremos, unha vez máis, facendo cantos esforzos poidamos para afrontar a situación e, sobre todo, para coidar e traballar, aínda sen axuda de ningún tipo, os espazos de uso REAL do galego.

Esta é a nosa tarxeta de presentación para o curso 2011/12. Son campañas inspiradas en dous grandes abandeirados da nosa lingua:  o escritor Xurxo Borrazás e o actor Luís Tosar. Eles son boa mostra de que a combinación “galego e éxito” funciona.

ANIMÁDEVOS. NESTE BARCO HAI SITIO PARA TOD@S!

Clica nas imaxes para agrandalas