Feed

ELES XA O FALAN. E TI?

Hoxe queremos compartir convosco no blog o testemuño e a experiencia de varios mozos e mozas que falan o noso idioma. Se é certo iso que pensades de que o galego só se fala aquí e, para sermos exactos, basicamente nas aldeas, daquela… vaia nomes máis raros lles puxeron os seus pais a algúns destes pobres paisaniños e paisaniñas! Como dirían as avoas, “quedoulles a cabesa descansada”.

En realidade, poida que, se cadra, talvez, probabelmente, quen sabe, algúns destes mozos e mozas naceran nunha aldea. O que si temos claro é que, de ser así, esa aldea énos ben, ben remota…

Se queredes escoitalos e coñecelos clicade en cada un dos seus nomes.Certamente, paga a pena.

_ Daria Shornikova

_ Wiktoria Grygierzec

_ Arif Budiman

_ Paulina Ceremuzynska

_ Sara Ardovini

_ Zuzana Pesselová

_ Carlos Aranda

_ Estefanía Prieto

_ Veronika Gergely

_ Joana Stankiewick e Maria Boguszewick

_ Unha tropa de louros, altos e coloradiños

E para a xente madura, isto é, os profes e profas, tamén temos bos exemplos que darlles. A verdade é que este que traemos aquí vénnos que nin pintado pois, a piques de celebrarmos o Día da Ciencia en Galego (4 de novembro) damos boa mostra de que entre a Química e o Galego hai, nunca mellor dito, moi boa química. Así que…, o dito. Arreando, que hai para tod@s!

SAMAÍN

Posted on Novembro 1st, 2011 in Celebracións by ENDL

“Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras… Chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío. Acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume. Son os tempos de Samaín”.

Clica aquí para obter máis información sobre esta celebración. E se o que queres é arriscar e comprobar o que sabes, bótalle unha partidiña ao Xogo de Samaín.