Feed

SALVAXE!

Posted on Xaneiro 28th, 2012 in Actividades deportivas,Aula de Natureza by ENDL

O martes 17 de xaneiro os alumnos e alumnas de 1º ESO fomos de excursión ao Ecoparque municipal de Marín:    

8.45- Saímos do Castro Alobre.

9.15- Chegamos ao Ecoparque. Ensináronnos como tiñamos que poñer o arnés e como tiñamos que tirarnos polas tirolinas.

Había 4 niveis; cada vez que pasabamos de nivel, o seguinte era máis difícil e había máis altura. Superado un nivel, podíase repetir as veces que queriamos ou ir ao seguinte.

9.35- Comezamos o percorrido facendo o nivel 1.

O nivel 1 tiña 53 cm de altitude.

 O nivel 2 alcanzaba 1,50 metros de altitude.

O nivel 3 chegaba aos 4,90 metros.

Había algún que caía e tiña que volver levantarse, e no nivel 3 iso non era nada doado.

O nivel 4 alcanzaba mada máis e nada menos que 8,25 metros de altitude. Aínda que impoñía moito, ata os profesores se atreveron a facelo.

15.00- Xantamos.
16.00- Fomos ata Pontevedra despois de comer e deixáronnos dar un paseo ata as 17.15. Tras este tempiño libre, marchamos de volta para o Castro Alobre. Foi un día completo, cheo de emocións fortes.

AUTORAS:
Paula Cobo, Lidia Galbán, María Ínsua, Laura Redondo e Loaira Santos.

Quen lle dera á Thyssen…

Posted on Xaneiro 22nd, 2012 in Novas,Obradoiros by ENDL

 Como puidestes comprobar estes días nas aulas, xa temos NOVO CALENDARIO para o 2012. Os do Equipo sentímonos moi orgullosos e queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas que, coas súas obras de arte, ilustraron cada un dos meses do ano que vimos de estrear.

E é que este calendario reborda arte por todos os recantos, pois nel versionamos algunhas das obras máis destacadas de recoñecidos pintores galegos e, como se pode apreciar, as creacións dos nosos noveis non teñen nada que envexar os orixinais… (ghe, ghe).

Amosámosvos no blog a portada e mais cada un dos meses en pequeno (xa sabedes: abonda con clicar nas imaxes para agrandalas). Desexamos que vos guste. Así que,VEÑA! A marcar excursións, festas,  exames e celebracións todo o mundo!

PORTADA

 

MESES

Excursión a Santiago de Compostela 1ºESO

Posted on Xaneiro 8th, 2012 in Saídas culturais by ENDL

DIARIO DA VIAXE

O día 19 de decembro fomos de excursión a Santiago:

8:30- Saímos do I.E.S. Castro Alobre.

9:30- Chegamos a Santiago e dirixímonos á catedral.

Dentro da catedral:

-ensináronnos a Sala de Armas;

-fomos á cociña do pazo;

-leváronos ao comedor, onde había unha exposición (aínda que cando non a hai, teñen a sala baleira).

O teito da sala estaba adornado segundo a importancia dos invitados: nas zonas onde estaba máis decorado, sentábase a xente de maior importancia, e na zona de menos decoración sentábase xente menos importante.

Antes poñían unha mesa en forma de “U” para as comidas e as ceas especiais.

Tamén había unha maqueta da catedral.

Despois fomos ás cubertas da catedral; subimos por unhas escaleiras moi estreitas, só cabían dúas persoas escasas.

Os tellados teñen forma de escaleiras para que os soldados puideran moverse con facilidade para defender o arzobispado.

Puidemos ver o bonita que é catedral. A súa planta ten forma de cruz.

Tamén vimos, no tellado, como un pilón onde os peregrinos queimaban a roupa ao chegar a Santiago por un motivo relixioso.

Despois de ver os teitos da catedral vímola por dentro.

Cando saímos fóra deixáronos sacar fotos e tamén nos deixaron dar unha volta por alí.

12:30- Visitamos a Cidade da Cultura; ensináronnos unha exposición das distintas máquinas de escribir que existiron.

Tamén vimos unha bóla xigante feita cun bo feixe de libros.

14:00- Fomos a Área Central, onde nos deixaron comer e mirar as tendas ata as 15:45.

15:45-  Visitamos MeteoGalicia onde nos deron unha charla dunha hora e media.

17:30- Dirixímonos aos autobuses para volver ás nosas casas.

No autobús no que iamos fixemos un concurso de Karaoke.

 

 

PAULA COBO, LIDIA GALBÁN, NAHIMA GARRIDO, MARÍA INSUA E LOAIRA SANTOS. 1ºESO F.