Feed

HOXE RECOMENDAMOS… “25 ANOS SENDO NÓS”

Posted on Febreiro 29th, 2012 in Hoxe recomendamos... by ENDL

No ENDL estamos de estrea, pois inauguramos unha nova sección: HOXE RECOMENDAMOS…
Nela faremos suxestións e propostas de lecturas, música e concertos, cine e espectáculos, exposicións… e calquera outra cousa que nos pareza que poida resultar interesante.
Por suposto, estamos abertos a todas as recomendacións que vós mesmos nos suxirades, pois pretendemos que este espazo sexa atractivo, novidoso, fresco, dinámico e enriquecedor para todos. Así que, xa sabedes: mantédenos informados!
Aínda que de seguro xa a coñecedes, imos iniciar esta sección coa curtametraxe realizada polas nosas alumnas de 1º BAC Irene García, Inés Piñeiro e Loaira Sánchez, con motivo da conmemoración dos 25 anos da pertenza de España á UE. A curta obtivo nada máis e nada menos que o 2º premio no concurso a nivel estatal  “25 años de España en la UE”, organizado pola Representación da Comisión Europea en España.

Queremos que sexa esta a nosa primeira recomendación porque sentimos un especial orgullo ante un excelente traballo que nos lembra que o que nos fai universais é sermos diferentes, SERMOS NÓS. PARABÉNS MOZAS!

AI, AMOR!

Posted on Febreiro 19th, 2012 in Celebracións by ENDL

Este 14 de febreiro no Castro Alobre respirouse amor por todos os recantos e recunchos, pero moi especialmente no longo camiño vermello que percorre a escaleira de entrada. Nesta “senda do amor” os máis apaixonados e apaixonadas declaráronse ao estilo tradicional (seica os clásicos nunca fallan): con FLORES e con VERSOS. Iso si, que flores e que versos! Velaquí tedes unha pequena mostra dalgúns deles.

E para os que sodes máis directos, menos mecosiños e namoradeiros e ides ao gran, recomendámosvos unha declaración ben chula e retranqueira:  SéS. Tola atrás de ti. E é que o amor quítanos o sono tantas veces… Con todo, que non falte! (e menos en tempos de crise…)