Feed

FIN DE FESTA: MOVÉMONOS POR UN SOÑO

Posted on Xuño 22nd, 2012 in Celebracións,Hoxe recomendamos... by ENDL

SABEMOS falar máis dunha lingua e QUEREMOS APRENDER MOITAS MÁIS, sen que iso signifique renunciarmos á propia. O galego é o noso idioma e QUEREMOS VIVIR NEL.

        Aí vai a nosa mensaxe e o noso desexo neste curso que remata.

 

      FELIZ VERÁN. EN SETEMBRO MÁIS E MELLOR AÍNDA!

HOXE RECOMENDAMOS: MORAIMA

Posted on Xuño 1st, 2012 in Hoxe recomendamos... by ENDL

Canta Celso Emilio a Moraima, a súa compañeira, en quince poemas que conforman “Moraima: diario de a bordo”, integrados en Onde o mundo se chama Celanova (1975).
E un deles, datado en xaneiro de 1972, serviu de base a catro das nosas alumnas de 1ª BAC para crear este fermoso agasallo. Non deixa indiferente, senón que emociona, esta combinación de imaxe e palabra, realizada con grandes doses de lirismo e plasticidade.
O poeta, alá onde estea, ha estar ben orgulloso, ao igual que o estamos nós e non se nos ocorre mellor maneira de celebrar o centenario do seu nacemento, alá polo 1912.
Parabéns e agradecementos a Irene, Ainhoa, Inés e Loaira.