Feed

JAVIER GÓMEZ NOYA: “Nas competicións internacionais falo galego cos deportistas portugueses e brasileiros”.

Posted on Agosto 10th, 2012 in Homenaxes,Novas,Xente interesante by ENDL

Moi boas!

Sabemos que quedaramos de nos ver de novo en setembro, mais a actualidade deportiva manda e… NON NOS PODEMOS CONTER!

Reaparecemos neste mes de agosto (que chulo o mes de agosto no noso calendario; cousa bonita!) para facerlle unha pequena homenaxe ao ferrolán JAVIER GÓMEZ NOYA, que acaba de conseguir a medalla de prata de triatlón nos Xogos de Londres. PARABÉNS, JAVIER! Grazas por amosarnos que as linguas, e moito menos a propia, non pesan á hora de ser o máis rápido.

Por certo: decatástesvos de que nestas Olimpíadas a inmensa maioría das medallas acadadas levan nome de muller?… Aí queda iso!

Deixámosvos coa entrevista do “Eu falo.TV” a Javier Gómez Noya. Desexamos que vos guste e que sigades gozando dunhas felices vacacións.