Feed

BO NADAL

Posted on Decembro 24th, 2012 in Celebracións by ENDL
      Ilustración: Marie Cardouat

HOXE RECOMENDAMOS…BORDERLINE 79

Posted on Decembro 20th, 2012 in Hoxe recomendamos... by ENDL

BORDERLINE 79 é un novo grupo musical formado por mozos da Illa de Arousa, Vilanova e Vilagarcía. Veñen de ofrecernos un adianto do seu próximo EP cunha versión do Deitado fronte ao mar, de Celso Emilio , aproveitando a celebración do seu centenario.
Parabéns a Artur Silveiro, Jose González, Antón Blanco, Borja Torrado e Joel Oubiña.
E mil grazas pola vosa iniciativa, o voso esforzo e a vosa arte.

OLLOS DE AULA, Nº 3

Posted on Decembro 17th, 2012 in Ollos de aula by ENDL

Xa está aquí o número de decembro de Ollos de aula. Para lela, clicade na portada.

HOXE RECOMENDAMOS…”Eu chorar, chorei” na India

Posted on Decembro 16th, 2012 in Hoxe recomendamos... by ENDL

As linguas non teñen fronteiras. Gozade deste vídeo.

GÚSTAME…GL

Posted on Decembro 5th, 2012 in Novas by ENDL

 

Esta fin de semana pasada celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra o CULTURGAL, a gran feira da cultura galega. Máis de setenta postos que se encheron de visitantes, coñecendo e informándose das novidades da nosa industria cultural.
Unha das iniciativas que máis chamou a atención do público foi a levada a cabo pola CTNL (Coordinadora de Traballador@s pola Normalización Lngüística). A súa campaña de fomento do idioma tiña como lema “Gústame…” e a segunda parte era escollida por cada quen entre un total de vinte e nove lemas. Nós, ese día, quedámonos con dous:
-Gústame que me digan “qrt m8”;-)
-Gústame que as mates, a ciencia, a tecnoloxía…sexan en galego!
Deixámosvos o enlace da páxina onde podedes ver fotos da iniciativa www.gustame.gl

HOXE RECOMENDAMOS…

Posted on Decembro 2nd, 2012 in Hoxe recomendamos... by ENDL

Vimos de descubrir un blog novo (vía Trafegando Ronseis), chamado O forxador de versos e asinado por Miguel Ángel Alonso Diz.
Gustounos todo o que nel vimos, de aí que sexa a nosa suxestión para hoxe.
Non deixedes de visitalo.
Ollade o vídeo. Un mundo que se move en galego!