Feed

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Posted on Marzo 27th, 2013 in Celebracións by ENDL

Ilustración de Paola Pappacena.
Vía Pinzellades al mon.

SEMENTANDO VERSOS

Posted on Marzo 23rd, 2013 in Celebracións by ENDL

Con motivo do Día Mundial da Poesía, no centro decidimos, os departamentos de linguas,“sementar” versos nas árbores. E estas fotos, co grupo de 4º Eso A, son unha boa mostra.
Grazas a tod@s por colaborar.

21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Posted on Marzo 20th, 2013 in Celebracións by ENDL

A Conferencia Xeral da Unesco instituíu, desde o ano 2000, todos os 21 de marzo como Día Mundial da Poesía.
Non deixedes de lela, saboreala e vivila.
Atent@s ás árbores do centro nesta xornada. Haberá sorpresas!
A ilustración que acompaña é de Amanda Cass.

UNHA MAREA DE VERSOS E FLORES

Posted on Marzo 18th, 2013 in Celebracións by ENDL

Para celebrar o Día de Rosalía (24 de febreiro) e o 150 aniversario de Cantares Gallegos, decidimos festexalo con rosas, acompañadas estas de versos rosalianos, que o alumnado e profesorado escolleu, dependendo do destinatario/a da flor.
Foi todo un éxito. Máis de 450 encargos que converteron o centro nun estoupido de cor e poesía.
Seguirémolo celebrando así.
Grazas a tod@s por participar.

E TI QUE SABES? (III)

Posted on Marzo 11th, 2013 in Concursos e certames by ENDL

Hoxe, luns 11 de marzo, propoñémosvos as preguntas de Arte e Ciencia que completan a terceira e última semana do noso concurso.

Por se non tivestes tempo de comprobalo no taboleiro do instituto, facemos un enlace á clasificación desta semana, lembrade que pasaban os cinco primeiros grupos pero por haber un empate, están clasificados 6 equipos.

Ánimo que esta semana, probablemente, se coñeza o grupo gañador.

HOXE RECOMENDAMOS…SALÓN DO LIBRO 2013

Posted on Marzo 9th, 2013 in Hoxe recomendamos... by ENDL

Un ano máis, celébrase en Pontevedra, no Pazo da Cultura, o Salón do Libro Infantil e xuvenil. Esta edición do 2013 leva por título A toda máquina!
Levírtete
e non o esquezades! Entre o 2 e o 23 de marzo tedes alí unha cita pendente. Podedes consultar toda a información e actividades clicando na imaxe.

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Posted on Marzo 7th, 2013 in Celebracións by ENDL

No día de hoxe, traemos esta imaxe e tres vídeos estupendos onde podedes coñecer a historia das mulleres en Galicia.

OLLOS DE AULA, Nº 5

Posted on Marzo 6th, 2013 in Ollos de aula by ENDL

Clicade na imaxe para ler o número 5 de Ollos de aula.

E TI QUE SABES? (II)

Posted on Marzo 3rd, 2013 in Concursos e certames by ENDL

Finalizada a primeira semana coas cuestións referentes á música, os dez grupos con máis respostas acertadas, é dicir, os que se clasifican para a 2ª semana, son os que podedes consultar desde aquí.
Parabéns a todos os grupos, os clasificados e os que fixeron o esforzo de participar.

Para esta segunda semana, temos preparadas unhas preguntas sobre literatura galega, esperamos que non teñan moita dificultade para vós.

O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS

Posted on Marzo 2nd, 2013 in Exposicións by ENDL

A primeira semana de febreiro estivo no centro a exposición “O galego tamén noutros mundos“, facilitada polo Servizo de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra. Estas son algunhas das imaxes recollidas durante a visita de alumnado de 1º ESO.