Feed

ROSALIA É POPPY, PONDAL É HEAVY E CURROS, PUNKY

Posted on Abril 29th, 2013 in Xente interesante by ENDL

Pois despois daquela clasificación que fixera Manuel Antonio das tres figuras do Rexurdimento (A Santa, O Bardo e O Rebelde), vén O Leo (autor de Hai cu) e fai esta que vedes no título.
Visionade o vídeo (vía O forxador de versos) porque no ten desperdicio. Risas aseguradas!

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Posted on Abril 23rd, 2013 in Celebracións by ENDL

Cinco libros para agasallar.
En poesía, Libro das mentiras, de Emma Pedreira.Outra visión dos contos clásicos.
En narrativa, Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño. Reinterpretación da materia de Bretaña desde unha perspectiva feminista. Premio da Crítica Española na sección de Lingua Galega.
En ensaio, Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez. Fundamental para entender como o feminismo foi e é un dos movementos pacifistas dos últimos tempos que máis cambiou o mundo.
En cómic, Ardalén, de Miguelanxo Prado. Mellor obra no Salón Internacional do Cómic de Barcelona. Debe estar na biblioteca de cada fogar.
En tradución, O gardián invisible, de Dolores Redondo. Para os amantes da novela policíaca e de misterio.

HOXE RECOMENDAMOS…PROXECTO FLORENCIO

Posted on Abril 21st, 2013 in Hoxe recomendamos... by ENDL

A Central Folque, con sede en Santiago de Compostela, leva xa anos estudando e promocionando a música galega, e dentro dos seus traballos, hoxe queremos recomendarvos o seu Proxecto Florencio. É este unha proposta pedagóxica e escénica arredor da figura de Florencio dos Vilares, un violinista, cantor e contador de historias da Fonsagrada, recoñecido como un dos últimos cegos-xograis de Galicia.
Paga a pena escoitalo!

Grazas, Paloma.

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO E TI QUE SABES?

Posted on Abril 11th, 2013 in Concursos e certames by ENDL

Mañá, venres 12 de abril, na biblioteca do Centro faremos a entrega dos MP4 ás gañadoras da última edición do concurso E TI QUE SABES?.
Non foi preciso chegar á fase de desempate, o grupo formado por:
– Rita Buceta Fernández – 2º ESO E
– Marta Castro Freije – 2º ESO E
– Ana Grela Castro – 2º ESO B
foron as gañadoras absolutas. Agradecemos a todos e todas as participantes a ilusión mostrada durante todo o concurso e convidámosvos a asistir á entrega de premios.
O CURSO QUE VÉN MÁIS!!!

HOXE RECOMENDAMOS…CANTARES GALLEGOS

Posted on Abril 9th, 2013 in Hoxe recomendamos... by ENDL

Si, si, hoxe recomendamos Cantares Gallegos, pero o álbum ilustrado elaborado, a partir dos textos rosalianos, polo alumnado de 1º Eso do IES Blanco Amor de Ourense.
Marabillad@s quedamos ao velo.
Noraboa aos rapaces e rapazas que participaron na súa elaboración e aos docentes que hai detrás deste estupendo traballo.
Por favor, non deixedes de velo!
Vía Trafegando ronseis

POR FUCIÑOS, POR CACHEIRAS

Posted on Abril 7th, 2013 in Celebracións,Sabías que... by ENDL

Seguro que vos soa iso de “Somos do clube da galega, por fuciños, por cacheiras”. Pois vai cumprir xa 19 anos o próximo 18 de abril. A el debemos que moitos dos nosos cativos e cativas escoitasen debuxos na nosa lingua, cantasen as súas cancións e recoñecesen o noso idioma como seu nalgún aspecto.
O Xabarín Club vén de recibir o Premio de Honra Fernando Rey da Academia Galega Audiovisual na gala de entrega dos Premios Mestre Mateo. Máis de 138.000 carnés se chegaron a facer co logotipo deseñado por Miguelanxo Prado.
Quen non tén o seu?
Noraboa a este porco bravo, que xa é todo un clásico.

OLLOS DE AULA, Nº 6

Posted on Abril 4th, 2013 in Ollos de aula by ENDL

PELOS NA LINGUA

Posted on Abril 3rd, 2013 in Saídas culturais by ENDL

Pelos na lingua, representada pola compañía de teatro Talía, o 18 de marzo no Auditorio de Vilagarcía, trata con humor a imposición do castelán sobre o galego. Móstranse diferentes escenas da vida cotiá, algunhas máis realistas ca outras. Nunha delas, unha rapaza chega da Universidade falando galego e os seus pais escandalízanse, chegando a pensar que está enferma.
Pareceunos divertida, entretida e sorprendente, xa que realizan unha sátira lingüística moi aguda. Reconmedaríamoslles o espectáculo a todas aquelas persoas que queiran pasar un bo rato e agardamos que lles guste tanto como a nós.
Tamara Balsa, Lucas Güimil e Paula Ramos (4º Eso A)