Feed

CUSTA MOITO RIR, PERO ABONDA UN TREN PARA CHORAR

Posted on Xullo 27th, 2013 in Homenaxes by ENDL

O ENDL do IES Castro Alobre quere amosar desde esta pequena ventá o seu sentimento de dor ante a tremenda traxedia ocorrida o 24 de xullo en Santiago de Compostela. Non nos chegan as palabras para expresalo, só quedamos co silencio para render homenaxe ás vítimas, enviar apertas virtuais aos que as choran e desexos de pronta recuperación aos ferid@s.
O título da entrada corresponde a unha canción de Bob Dylan do seu disco Highway 61 Revisited. A referencia tomouse do blog Versos e Aloumiños.

ATA SETEMBRO!

Posted on Xullo 4th, 2013 in Sabías que... by ENDL

FIN DE CURSO 2012-2013

Posted on Xullo 4th, 2013 in Celebracións by ENDL

Para dar por rematado este curso, presentamos este artigo con fotos como mostra de agradecemento a todo o alumnado e profesorado que traballou, colaborou e participou activamente nas numerosas actividades que o equipo de normalización e dinamización lingüística realizou. Especialmente adicado ao alumnado de 4º de ESO, que foi o máis activo.
Aproveitamos tamén para agradecer a presenza de CARLOS BLANCO no festival de fin de curso do IES CASTRO ALOBRE, vilagarcián de pro e defensor da nosa lingua alá por onde vai.
Nas fotos, claro está, non saen todos os que son, pero amosan unha pequena representación.
Con isto despedímonos ata setembro, cando comezaremos con ilusións renovadas un novo curso.

          FELICES VACACIÓNS!!!