Feed

AO CELTA GÚSTALLE O GALEGO

Posted on Outubro 29th, 2013 in Sabías que... by ENDL

        E ao adestrador do Dépor tamén.

        Grazas a todos eles.

    O PORTAL DAS PALABRAS

    Posted on Outubro 28th, 2013 in Sabías que... by ENDL

    O Portal das Palabras, espazo na web desenvolto pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, ten como obxectivo a difusión e promoción da nosa lingua a través de recursos léxicos, xogos e vídeos.

    ANDANDO PAÍS (I)

    Posted on Outubro 27th, 2013 in Andando país by ENDL

    Estamos de noraboa. Comezamos unha nova sección que nos vai permitir, a través da fotografía e o vídeo, ir descubrindo a nosa terra.
    Grazas sempre a Laura Piñeiro González, de 4º Eso A, por ser a primeira en enviarnos estas imaxes do porto de Vilagarcía.

    Clicade nas imaxes para amplialas.

      HOXE RECOMENDAMOS…DEOLINDA

      Posted on Outubro 25th, 2013 in Hoxe recomendamos... by ENDL

      Desde Portugal, presentamos os Deolinda, grupo con raíces no fado, pero con letras ben reivindicativas, irónicas e actuais. Visionade o vídeo e comprobarédelo.
      Boa fin de semana.

      POLA CALIDADE NO ENSINO PÚBLICO

      Posted on Outubro 23rd, 2013 in Sen clasificar by ENDL

      CISCAVERSOS (III)

      Posted on Outubro 22nd, 2013 in Ciscaversos by ENDL

      Grazas a Ramón Nicolás e ao seu blog Caderno da Crítica podemos amosarvos hoxe este fermoso manuscrito (letra de Carme Blanco) e debuxo dun poema de Claudio Rodríguez Fer . Titúlase Alén e pertence ao poemario Tigres de ternura.

      DECLARACIÓN

      Posted on Outubro 21st, 2013 in Curtas,Lusofonía by ENDL

      Está na lingua do outro lado do Miño e da Raia Seca, é dicir, o portugués, e escoitade o ben que se entende. Para os que din que o galego, fóra de Galicia, non serve para nada!.Que máis quixeran algúns!

      A curta titúlase Só de mim e isto é o que di o mozo:
      Tu não sabes quem eu sou, mas eu sei quem tu és… e só preciso de um minuto da tua atenção.

      Quero dizer-te que espero que saibas a sorte que tens. O quanto eu gostaria de estar na tua pele. Poder estar na mesma cama que ela todas as manhãs. Ajudá-la a acordar da má disposição matinal.

      Espero que saibas que ela só vai falar contigo depois de lavar os dentes. Não é por mal… é por medo de perder o encanto aos teus olhos. Que a consideres um ser humano comum.
      Espero que saibas que ela gosta de aproveitar cada raio de sol, e que o café a deixa mal disposta.

      Que escolhe a roupa que vai vestir na noite anterior, só para poder ter mais cinco minutos de sono pela manhã. Que o despertador toca cinquenta vezes até que se levante, e que mesmo assim, consegue chegar a horas.

      Quero também que saibas que adora histórias do fantástico. Mas não de terror! Que é capaz de saber o nome de todas as personagens de um livro antigo, mas que não se vai esforçar para decorar à primeira os nomes de todos os teus amigos…
      Porque ela… ela é que sabe de si.

      Tu nunca serás uma sorte para ela. Sorte é poderes tê-la na tua vida.
      Sabes?
      Ela não é romântica por natureza, mas uma demonstração espontânea da tua parte vai fazê-la fraquejar. Porque ela é segura e doce ao mesmo tempo.

      Ela não sabe cozinhar, mas vai esforçar-se para fazer o teu prato preferido. E se estiver mau, vai rir-se do falhanço, em vez de corar.

      E quando ela ri… eu tenho vontade de chorar. Não de tristeza, mas porque cada gargalhada é uma nota musical que toca ao coração e faz querer dançar.

      Espero que pares de fazer o que gostas e que por vezes tenhas tempo para ouvir sobre o seu dia e sobre cada pequena conquista. Que atures os seus devaneios artísticos e o tempo que perde a colorir livros infantis quando quer ter tempo para si.

      Quero que saibas que eu gostava de estar desse lado, a aturar o seu mau humor e a vê-lo mudar depois do primeiro copo de vinho.
      Queria poder apreciar as suas unhas que estão mais tempo de verniz estalado que de verniz perfeito… mas que cada forma de vermelho tem uma história que ela construiu com as próprias mãos.

      Gostava de me ter apaixonado por ela no primeiro dia que a vi, e não no segundo. Porque cada dia com ela é a certeza de que somos amados. Porque ela é sedução e alegria num só. Porque consegue o que quer com o poder do sorriso e a força do olhar. Seria um tolo se não soubesse que tem olhos castanhos e que adora a cor verde.
      Quero que saibas que ela é tudo o que quero e nunca soube que tive.

      Aprende que a arritmia que sentes com ela é normal! E que a falta dela é um vazio igual à morte.
      Espero que sejas tudo o que eu nunca fui.
      Espero que a trates bem.
      Porque se lhe partires o coração vais perdê-la para sempre.
      Pudesse eu ter lido o futuro…

      Que vos parece?

      O FAIADO DA MEMORIA

      Posted on Outubro 20th, 2013 in Sabías que... by ENDL

      Máis de 70000 elementos gráficos (vídeos, fotografías…) compoñen o material de O faiado da memoria, asociación que cun blog co mesmo nome, ten como obxectivo o de coñecer e difundir a nosa memoria colectiva, especialmente, a de Vilagarcía de Arousa. Dependente da Concellaría de Cultura do concello de Vilagarcía, xunto co Arquivo Social da Memoria, tentan animar a poboación a que envíen fotos de paisaxes, actos oficiais ou familiares para así ampliar todo aquilo que se foi recollendo.
      Na súa páxina web, recentemente actualizada, ofrécese a opción de vincular unha fotografía antiga a Google Street View para ver o cambio experimentado por determinadas paisaxes da cidade.
      Deixámosvos o enlace a un documental realizado, co título Desde dentro do corazón (cinco historias que dan conta da evolución de Vilagarcía ao longo do século XX) e unha pequena mostra das súas fotos.
      Para máis información, clicar en Praza Pública.

      HOXE RECOMENDAMOS…A BANDA DA BALBINA

      Posted on Outubro 18th, 2013 in Hoxe recomendamos... by ENDL

      A Banda da Balbina gañou, no 2009, o concurso da Radio Galega, Apologhit A canción máis votada foi O fillo do mar, pero hoxe traemos Estomballada. Música de verbena e letra retranqueira que fan deste grupo nacido en Os Anxeles (Brión), no 2007, unha boa maneira de comezar a fin de semana. E como nas antigas adicatorias radiofónicas, vai para o english man do equipo.

      FEÍSMO LINGÜÍSTICO

      Posted on Outubro 16th, 2013 in Concursos e certames,Novas by ENDL

      A asociación compostelá A Gentalha do Pichel acaba de convocar o I Concurso de Feísmo Lingüístico. Consiste en enviar fotografías onde quede de manifesto o desleixo e abandono ao que se somete, en infinidade de ocasións, o noso idioma. Ás veces parece que hai unha norma non escrita que tolera mellor e é máis permisiva coas faltas de ortografía en galego ca en castelán, e iso tampocuco axuda á consideración social do galego. A corrección lingüística é un valor en calquera lingua.
      Se queredes participar, podedes enviar imaxes ata o 6 de xaneiro. Sobre as bases e os premios consultade no seguinte enlace Praza Pública

      A viñeta é de Xosé Lois, O Carrabouxo.