Feed

HOXE RECOMENDAMOS…AUGA

Posted on Novembro 30th, 2013 in Curtas,Hoxe recomendamos... by ENDL

Con guión e dirección de Ozo, esta curta kafkiana non deixa indiferente.

A LOMCE – RESTA AÍNDA + GALEGO

Posted on Novembro 28th, 2013 in Sabías que... by ENDL

Desde a CENDL, explican dun xeito moi claro por que a Lomce – resta aínda + galego.

TERRA QUEIMADA

Posted on Novembro 27th, 2013 in Curtas by ENDL

Grazas a Mª Xosé, chegamos a este vídeo realizado no IES Porto do Son, SonCine.

Estremece o negro do que vemos.
Arreguiza a frialdade dos que os provocan.
Desacouga a vacuidade dos que gobernan.
Noraboa polo traballo!

EN VOZ ALTA

Posted on Novembro 26th, 2013 in En voz alta by ENDL

Moitas grazas a Mª Paula Gayo Morales, de 2º BAC C, polo texto sobre as razóns polos que a poesía é un xénero con menos lectores/as cá novela.

A poesía é ese gran xénero olvidado por un gran número de afeccionados á lectura por diversos motivos. Un dos principais é a implicación do lector/a que a lectura dun poema require.
Mentres que nunha novela se narran accións, nun poema a intención fundamental é “conxelar” un sentimento, un estado de ánimo no papel e transmitir esta sensación ao lector/a. A miúdo preséntansenos composicións poéticas curtas cun elevado número de metáforas e outros recursos literarios, o que implica unha lectura activa para a comprensión do texto e múltiples interpretacións. Nunha sociedade como a actual, na que se prefire a tele-lixo, antes que ler un libro (o que esixe certo esforzo intelectual) como liña xeral, non é de sorprender que esta mentalidade do mínimo esforzo se estenda tamén ao xénero literario.
A poesía require máis traballo á hora de comprendela, debido á súa habitual concisión e abundancia de figuras estilísticas. En contraposición, a novela ofrece unha narración das accións que seguen un determinado fío argumental, polo que o seu primeiro obxectivo non é plasmar sentimentos, senón maís ben, entreter. Por isto, creo que a lírica ten menos lector@s cá narrativa.

25 N-CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA (II)

Posted on Novembro 25th, 2013 in Homenaxes by ENDL

25 N-CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA (I)

Posted on Novembro 24th, 2013 in Curtas by ENDL

Conversa cunha muller morta é o título da curtametraxe que levou o premio Mestre Mateo dentro desta categoría. Dirixida por Sonia Méndez, conta a historia dun home que, tras saír do cárcere, volve á casa na que conviviu coa parella á que matou, e alí…

Clicade na imaxe para vela.

    HOXE RECOMENDAMOS…NAJLA SHAMI

    Posted on Novembro 22nd, 2013 in Hoxe recomendamos... by ENDL

    Najla Shami e Rosalía de Castro. A cantante palestino-galega interpreta seis poemas rosalianos xunto con Sérgio Tannus, Narci Rodríguez ou Uxía, entre outros. Escoitade este Camiño Branco.Tédelo na biblioteca do instituto.
    Boa fin de semana

    PAVIBELLÓN

    Posted on Novembro 21st, 2013 in Sociolingüística by ENDL

    Cando vimos a imaxe, non dabamos creto. Na inauguración do reformado Pavillón Municipal de Baiona, figuraba esta palabra, PAVIBELLÓN, que non sabemos moi ben como cualificar. Unha nova lingua “harmónica”, unha esquizofrenia lingüística, unha mostra máis de galegofobia, unha brincadeira lingüística á que non lle atopamos a graza…? .Só se nos ocorre un adxectivo. ABSURDO.

    ANDANDO PAÍS (III)

    Posted on Novembro 20th, 2013 in Andando país by ENDL

    Hoxe traemos as fotos de Yago González Quinzán, de 4º Eso A. Están realizadas en Santiago de Compostela: Campus Sur, Pazo de Raxoi (onde está a sede de concello santiagués), Hostal dos Reis Católicos, San Martiño Pinario.

    A XUSTIZA POLA MAN

    Posted on Novembro 15th, 2013 in Curtas by ENDL

    Nestes días, onde parece que a xustiza está cega e xorda, vén moi acaído este vídeopoema, onde se escoitan os versos do poema de Rosalía de Castro, “A xustiza pola man” (Follas Novas), relacionándoos cunha realidade como a dos desafiuzamentos.
    Noraboa a Sandra García Rey e Estíbaliz Espinosa pola realización deste traballo.