Feed

POR AMOR

Posted on Xaneiro 30th, 2014 in Poetízate by ENDL

Videopoema realizado por Sofía Córdoba Pérez a partir do texto Por amor, de Darío Xohán Cabana.
Grazas, Sofía!

A MEIGA CHUCHONA

Posted on Xaneiro 29th, 2014 in Curtas by ENDL

Baseada nunha lenda popular galega.

Ai, as moscas!

SHIN CHAN E O CHASCARRASCHÁS

Posted on Xaneiro 28th, 2014 in Sabías que... by ENDL

Só hai que velo e escoitalo.

ORBALLO

Posted on Xaneiro 27th, 2014 in Sabías que... by ENDL

Como a chuvia non nos quere deixar, resulta moi acaído este vídeo sobre as distintas maneiras de denominar ao orballo, dependendo do lugar de Galicia onde esteamos.

Vía O forxador de versos

CONEXIÓN MIUDIÑO

Posted on Xaneiro 26th, 2014 in Campañas by ENDL

Campaña do Obradoiro para aumentar o número de abonad@s.

BILINGÜISMO CORDIAL

Posted on Xaneiro 25th, 2014 in Sociolingüística by ENDL

Curtametraxe de Daniel Villaverde e Andrea Maseda sobre o noso suposto bilingüismo cordial.

HOXE RECOMENDAMOS…MILONGA DE AQUÍ

Posted on Xaneiro 23rd, 2014 in Hoxe recomendamos... by ENDL

A Milonga de aquí de Sés e os debuxos de Miguel-Anxo Prado. Gozade da combinación!

SOA

Posted on Xaneiro 22nd, 2014 in Poetízate by ENDL
      Hoxe xanto soa
      e as gotas pingan
      no fregadeiro.

      Hoxe non teño carta
      de ninguén que de
      min se acorde.

      Hoxe está gris
      e os cans buscan
      abrigo no limiar da casa.

      Hoxe morro asolagada
      no derradeiro sol das sete.

      Hoxe os corvos son felices
      porque a escuridade
      enche Irlanda.

    Poema de Antía Otero, do seu poemario O son da xordeira.

    Grazas a Clara Marqués e Laura Barcala pola foto!

ESCRIBIR FELICIDADE É SOBREACTUAR

Posted on Xaneiro 21st, 2014 in Poetízate by ENDL

Esta é a foto de Xurxo Soto e estes os versos. Pertencen a David Rodríguez e ao seu poemario Lapidarias. Os versos escuros.

ESCRIBIR FELICIDADE É SOBREACTUAR.

Di Xurxo que o poema lle transmite unha sensación de baleiro e saudade, que é o mesmo que percibe na foto.

Grazas, Xurxo!

¡GOL!

Posted on Xaneiro 20th, 2014 in Poetízate by ENDL

Poema de Blanco Amor e foto de Ignacio García Paz.

Grazas, Ignacio!