Feed

E TI QUE SABES?

Posted on Marzo 31st, 2014 in Concursos e certames by ENDL

Esta segunda semana o concurso versará sobre música. Prestade atención ás cuestións que vos presentamos a continuación:

Ánimo!

E TI QUE SABES? – CLASIFICADOS 1ª SEMANA

Posted on Marzo 31st, 2014 in Concursos e certames by ENDL

Estes son os grupos clasificados para continuar concursando na 2ª semana. Parabéns ás/os integrantes de cada un deles.

CURTAS DE PROMOCIÓN DA LINGUA (II)

Posted on Marzo 30th, 2014 in Curtas,Sociolingüística by ENDL

Parabéns a Alma, Coral, Laura e María polo traballo feito.

E TI QUE SABES?

Posted on Marzo 26th, 2014 in Concursos e certames,Sen clasificar by ENDL

O luns 24 de marzo de 2014 comezou o concurso E TI QUE SABES? – 2014.
Para participar podes consultar as bases no taboleiro que está no vestíbulo principal do edificio da ESO ou desde este enlace:

A continuación presentamos as preguntas da 1ª semana sobre LITERATURA.

E TI, QUE SABES? – 2014

Posted on Marzo 23rd, 2014 in Concursos e certames by ENDL
    Todas as cartas de amor são
    Ridículas.
    Não seriam cartas de amor se não fossem
    Ridículas.

    Também escrevi em meu tempo cartas de amor,
    Como as outras,
    Ridículas.

    As cartas de amor, se há amor,
    Têm de ser
    Ridículas.

    Mas, afinal,
    Só as criaturas que nunca escreveram
    Cartas de amor
    É que são
    Ridículas.

    Quem me dera no tempo em que escrevia
    Sem dar por isso
    Cartas de amor
    Ridículas.

    A verdade é que hoje
    As minhas memórias
    Dessas cartas de amor
    É que são
    Ridículas.

    (Todas as palavras esdrúxulas,
    Como os sentimentos esdrúxulos,
    São naturalmente
    Ridículas.)

CURTAS DE PROMOCIÓN DA LINGUA (I)

Posted on Marzo 18th, 2014 in Curtas,Sociolingüística by ENDL

O alumnado de 4º ESO realizou curtametraxes para promocionar e divulgar a importancia e o valor de ter unha lingua propia. Estes son os resultados.
Grazas a Aldara Silveiro, Antía Domínguez e Carmen Corrales polo traballo!

OLLOS DE AULA, Nº 13

Posted on Marzo 16th, 2014 in Ollos de aula by ENDL

O CASTELÁN, LINGUA DE POBRES EN EEUU

Posted on Marzo 13th, 2014 in Sociolingüística by ENDL

Documental moi acaído para comprobar como unha lingua hexemónica pode converterse en lingua minorizada, amosánsose unha análise comparativa con outras situacións lingüísticas como as vividas en Galicia.

      )

HOXE VISÍTANOS…FRANCISCO CASTRO

Posted on Marzo 9th, 2014 in Hoxe visítanos... by ENDL

O día 26 de febreiro visitounos Francisco Castro e aquí vos deixamos a presentación que se lle fixo, así como algunhas fotos da charla.
Para esta presentación, decidimos facer algo diferente. En lugar de lervos as obras do autor que hoxe nos acompaña (algo que podedes facer ao chegar á casa, se consultades Internet) decidimos elaborar, entre todas as compañeiras e compañeiros da clase, o abecedario do Chamádeme Simbad e este é…
A de Avó e Alzhéimer, porque o personaxe e a súa enfermidade son os motores da historia.
B de Bernardino, o irmán acolledor e B de Barco-sofá, onde o avó imaxina, xoga e goza.
C de Carta, a que permite a Paulo seguir a pegada do Capitán (tamén con C) dos Sete Mares.
D de Diñeiro, o que o pai de Paulo lle ofreceu a Bernardino para que coidade do avó, ou D de Discutir, que se fai moito na historia.
E de Esquecemento, que era o que lle pasaba con frecuencia ao avó, ou E de Entender, que é o que deberiamos facer cos nosos maiores.
F de Filibusteiros, que non lle facían moita graza ao avó, ou F de Francisco, o nome do autor.
G de Gol, o que lle metía Paulo a Xavier, ou G de Galego, o idioma no que pensan, senten, escriben e falan os personaxes.
H de Harmonía, a que, finalmente, conseguiron tod@s.
I de Ímpetu, o de Paulo por descubrir a verdade, ou I de Ilusión, a que se deixa sentir en moitas páxinas do libro.
L de Liberdade, porque o avó quería ser libre.
M de Móbil, o do pai, ou M de Memoria, a que perde o avó.
N de Nai, pola paciencia, pola dozura e pola forza.
O de Oficina, a do pai, e O de Océanos, os que surcan o avó e o neto.
P de Paulo, e P de Piratas.
Q de Querer, outro dos motores da historia e Q de Queimar, pois os recordos do avó son como papel nunha fogueira.
R de Residencia, a onde querían levar o avó, e R de Remedio, o que atoparon ao final.
S de Simbad, o outro nome de Paulo.
T de Taberna, a do Pirata, e T de Tipp-ex, porque é como un borrador da memoria.
U de Unión, porque rematan tod@s xuntos.
V de Viaxe, a que facía Simbad co avó cando iniciaban unha travesía.
X de Xoubas, porque a tod@s nós nos gustaría probar a empanada de xoubas da nai.
E, por último,
Z de Zapatillas, as do avó.
Darlle as grazas a Francisco Castro por acompañarnos hoxe e agora, tócalle falar a el.
Presentación elaborada por 2º ESO C e lida por Marina Miranda Roura, Carla Martínez Paz e Gabriel Otero Vidal.

8 DE MARZO – MULLERES E LINGUA

Posted on Marzo 8th, 2014 in Celebracións by ENDL

Neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, traemos este documental, onde se visibiliza como ser muller e falar galego aínda é unha eiva.