Feed

CARTA Á LINGUA

Posted on Abril 29th, 2014 in Sociolingüística by ENDL

Xa sei que non é ético que estea a escribir isto despois de tratarte coma te teño tratado durante todos estes anos. Ben sei que non me portei como debería, que che prometín a lúa e logo non fun quen de darcha, que estivemos moito tempo separadas, e non teño escusa algunha para o que fixen. Tamén sei perfectamente que sempre tentaba volver a ti, que tivemos vaivéns, pero que nada era duradeiro.
Inda me acordo da primeira vez que lle dixen ao meu ex o noso. Asustouse, porque esta vez viñas para quedar. “Non quererás que os nosos fillos a oían”, díxome, e doeuche na alma. A min tamén, non te creas.
Por culpa diso volvín darche de lado. Non é algo do que me atope orgullosa, faltoume “personalidade”, como ti dirías. Por iso escribo isto, para pedirche perdón, por aquela desfeita e por todas as que veño facendo dende que te coñezo.
O mellor de todo é que sei que ti me perdoas. Voltas sempre a min, tan agarimosa e chea de vida como a primeira vez. E agora ambas fixemos un amigo, que me acepta a min como eu son, que me acepta a min contigo da man.
E prepárate para estar comigo, da man, porque non te penso soltar. Pode que ás veces me esqueza, pero todo é afacerse. Non me importa nada o que digan os demais, porque es a única que nunca me vai deixar, e quero que saibas que hei de estar contigo ate o mesmo día da miña morte, e voume encargar de que os meus non te deixen soa.
Podes crerme ou non, o que ti penses non o podo cambiar, pero si podo xurar que esta vez vai tan en serio como podo ir dende a miña experiencia, ben sabes que é pouca.
E tamén xuro que é verdade o que digo, que te quero, que te quero na miña vida e na dos que me sigan, e que vas a estar aí, comigo, así como eu estou contigo, miña lingua.

Carta escrita por Julia Romay, de 4º Eso B,dentro dun traballo sobre o libro Made in Galiza.

DÍAZ CASTRO (I)

Posted on Abril 21st, 2014 in Letras Galegas by ENDL

Desde o IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz, compuxeron esta canción, Esa lus, para o homenaxeado este ano o Días das Letras Galegas.
Parabéns!

#EngalegoLeo

Posted on Abril 18th, 2014 in Campañas by ENDL

AELG, GALIX e a CRTVG participan nesta campaña de difusión da lectura na nosa lingua. Para contar o que les e recomendalo a través de You tube, Instagram e Twiter.Clica no enlace e infórmate #EngalegoLeo.

HOXE RECOMENDAMOS…SOCAS APP

Posted on Abril 10th, 2014 in Hoxe recomendamos... by ENDL

Parabéns ao alumnado do CPI Eusebio Lourenzo Baleirón, de Dodro, pola adaptación deste tema que ben coñecedes.

E TI QUE SABES?

Posted on Abril 7th, 2014 in Concursos e certames by ENDL

Estas son as preguntas que debedes responder nesta 3ª semana dedicada á ciencia.

Sorte!!!

E TI QUE SABES? – CLASIFICACIÓN 2ª SEMANA

Posted on Abril 7th, 2014 in Sen clasificar by ENDL

Presentamos a clasificación dos equipos que participarán nesta 3ª semana do concurso E TI QUE SABES?

Moitas grazas pola vosa ilusión e as ganas de participar. Ánimo que esta é a última semana

CURTAS DE PROMOCIÓN DA LINGUA (IV)

Posted on Abril 6th, 2014 in Curtas,Sociolingüística by ENDL

Grazas a Sofía e Xandre polo traballo!.

Vídeo de Davide Salvado

Posted on Abril 2nd, 2014 in Concursos e certames by ENDL

Ahí vos queda o vídeo de Davide Salvado nunha actuación na Casa das Crechas en Santiago. Disfrutádeo.

CURTAS DE PROMOCIÓN DA LINGUA (III)

Posted on Abril 2nd, 2014 in Curtas,Sociolingüística by ENDL

Grazas a Miguel González García, de 4º Eso A, polo traballo.