Feed

DEZ PALABRAS QUE O CASTELÁN DEBERÍA ROUBARLLE AO GALEGO

Posted on Maio 28th, 2014 in Sabías que... by ENDL

Vimos de descubrir un novo blog (Un consentido común)que corresponde ao do escritor Pedro Feijóo (autor de novelas como Os fillos do mar ou A memoria da choiva). Lendo algunhas das súas entradas, reparamos nesta na que o autor, a partir dun artigo onde se recomenda ao castelán que “roube” dez palabras do catalán, reflexiona sobre as dez palabras ou expresións que tamén se poderían aproveitar do galego.

Coa retranca que o caracteriza, aí vos deixamos un anaco do artigo.

(…)
Poderiamos empezar co “sentidiño” (ya sabéis, el “sentidito”), ese “xuicio” pequeno do que cómpre botar man para facerlle fronte tanto ás pequenas cousas do día a día como ás grandes empresas. Á fin e ao cabo, é precisamente a boa administración de semellante valor a que evita que vaiamos polo mundo comportándonos coma uns “férvellasberzas” (“le hierven las hortalizas”), uns “furabolos” (“el que le hace el agujero al donut”), uns “fendetestas” (“ojito con ése, que si te da una hostia te revienta la cabeza”), exaltados deses sempre coa “labazada” na man e demais membros da inefable “tropa do carallo” (“gente del pene”).
Aplicación práctica: “Yo porque te tengo sentidiño, ¿no sabes?, que si no es que a toda esa tropa del carajo que se está cargando el idioma, a todos los furabollos eses de la Xunta y todos esos fendecabezas de Madrid les daba de labazadas hasta que me sangrase la mano. ¿No sabes?”

De todos modos, e para que non haxa lugar a confusión ningunha, para saber con quen estamos a falar non hai como un bo ataque directo: nada mellor que o noso mundialmente coñecido “e ti de quen vés sendo?”. Casteláns, acabouse empregar esas formas tan arcaicas! Basta xa de preguntar “¿y cuál es tu gracia, bella flor?” Agora xa tedes á vosa disposición un bo “¿Y tú de quién vienes siendo, chavala?” Home, claro… Se, con todo, aínda non vedes con claridade cales son as verdadeiras intencións do voso interlocutor, sempre podedes seguir preguntando mediante estoutro clásico universal: “E ti…, es de aquí ou viñeches á festa?” (repeat, please: “¿eres de aquí, o has venido a la fiesta?”). Se ao remate da conversa se dese o caso -a todas luces improbable- de que o entendemento non resultase pleno, sempre poderiades manifestar o voso fastío cun saudable “a cona!” (de verdade teño que traducilo?).
Aplicación práctica: “A ver, primo Alberto… ¿Tú de quién vienes siendo? ¿Eres de aquí o has venido a la fiesta? Porque esas políticas lingüísticas tuyas, no sé yo… ¿Cómo, que no entiendes lo que te estoy a decir? La cona!”

Aínda que, ben pensado, tamén pode ser que ao final todo isto non sirva para nada, e as cousas sigan igual de mal que sempre. Nese caso sempre poderedes botar man doutro dos nosos “greatest hits”: “mexan por nós, e temos que dicir que chove” (trad., “se ve que hemos estado haciendo pis por encima de nuestras posibilidades”). Aínda que, para iso, aínda falta. Non poñamos o carro diante dos bois. Ou, o que é o mesmo, “señora, no ponga usted el coche delante de los chicos del striptis…”.
Vía pedrofeijoo.blogspot.org

DECÁLOGO PARA NON ENFADAR UN/UNHA GALEG@

Posted on Maio 25th, 2014 in Sabías que... by ENDL

Matador Network, unha web americana especializada en viaxes, vén de publicar un decálogo sobre que facer se alguén quere enfadarnos.
Curioso!

1. Preguntar polo galego e referirse a el como «un dialecto»

2. Pensar que aos galegos lles gusta o flamenco, os touros e a paella

3. Dicir que sempre chove

4. Pedir unha cervexa que non sexa Estrella Galicia

5. Engadir a todas as palabras «-iño»

6. Afirmar que o futbolín e un invento dos alemáns

7. Preferir as praias do Mediterráneo

8. Situar Galicia no País Vasco

9. Perder o interese ao coñecer a nosa localización

10. Se lle ofrecen licor café, bébao!

       

Vía Marlou

O MUNDIAL FALA GALEGO

Posted on Maio 22nd, 2014 in Sabías que... by ENDL

Desde AGAL (Associaçom Galega da Língua)púxose en marcha unha campaña de cara ao vindeiro Campionato de fútbol que se celebrará no Brasil. “Todo o planeta conhecerá e estará pendente do que é o jogo bonito, a torcida, a bola na rede, as bancadas ou umha folha seca. O galego, que batizado como português percorreu milhares de milhas náuticas, será centro da atençom de muitos lares nos cinco continentes”,afirma a asociación para chamar a atención sobre a importancia da nosa lingua pola súa vinculación co ámbito lingüístico da lusofonía.

LETRAS GALEGAS 2014

Posted on Maio 17th, 2014 in Letras Galegas by ENDL

Desde o IES Blanco Amor, de Ourense, este traballo realizado polo alumnado de 4º Eso, a partir de textos de Díaz Castro.

Marabilloso!

Poema de Penélope, musicado por Fuxan os ventos.

      Telexornal sobre Díaz Castro, elaborado polo alumnado do CPI de Dices, en Rois.

      Espléndido!

    Presentación de Marlou, sobre Díaz Castro.

      HOXE RECOMENDAMOS…ALINE FRAZAO

      Posted on Maio 11th, 2014 in Hoxe recomendamos... by ENDL

      Desde Angola, esta cantora e compositora, Aline Frazao.

      Grazas a Paloma pola recomendación.

      DÍAZ CASTRO (III)

      Posted on Maio 9th, 2014 in Letras Galegas by ENDL

      Curtametraxe de Xosé Antón Cascudo para o Proxecto NIMBOS, curtas inspiradas nos poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014. Música de Rubén Vizcaíno.

      Alfa i Omega

      Foi o comezo do tempo un berro de sede dende a lus.
      A vocación do mundo é subir antre cadabres por un camiño de sede e lusquefús.
      A espranza do mundo é o amor consumido de sede na consumación da crus.
      A fin suprema do tempo é un estalido de groria na lus.

      OLLOS DE AULA, Nº 14

      Posted on Maio 8th, 2014 in Ollos de aula by ENDL

      CURTAS DE PROMOCIÓN DA LINGUA (VI)

      Posted on Maio 6th, 2014 in Curtas,Sociolingüística by ENDL

      Noraboa polo traballo a Julia Romay e Sara Reboiras.

      DÍAZ CASTRO (II)

      Posted on Maio 4th, 2014 in Letras Galegas by ENDL

      Parabéns unha vez máis a Paco Nogueiras Nodar por este vídeo.

      CURTAS DA PROMOCIÓN DA LINGUA (V)

      Posted on Maio 1st, 2014 in Curtas,Sociolingüística by ENDL

      Parabéns a Sergio Fontán, Alba Gómez, Elías Bahamonde, Lía Marqués e Lucas Güimil, de 4º Eso, por este traballo.