Feed

E ISTO DA NORMALIZACIÓN, QUE É?

Posted on Outubro 29th, 2014 in Sociolingüística by ENDL

ROSA DE ROI CASAL

Posted on Outubro 26th, 2014 in Música by ENDL

Con letra de Rosalía de Castro (Cantares Gallegos)

GHALEGHO

Posted on Outubro 23rd, 2014 in Sociolingüística by ENDL

Porque a única lingua que non serve é a que non se fala.

13 PUNTOS MENOS

Posted on Outubro 15th, 2014 in Opinión by ENDL

Trece puntos menos, eses son os que baixou o uso habitual da lingua galega no noso país. No 2001, un estudo sinalaba que o 57% da poboación do país tiña o galego como lingua cotiá. O 30% empregábao “ás veces” e o 13%, nunca. No 2011, os falantes habituais de galego son o 44%. “Ás veces”, o 45% da poboación e “nunca”, o 11%.

Os datos acaban de saír á luz nun estudo do IGE (Instituto Galego de Estatística) e resultan, realmente, alarmantes. Os que estamos en contacto, diariamente, coas xeracións máis novas somos conscientes desta sangría e cremos que, aínda que a nosa lingua está danada dun xeito moi serio, estariamos a tempo de pórlle remedio, con estratexias adecuadas e encamiñadas á recuperación do seu prestixio e derivado disto, a un incremento do seu uso.

Pero a Administración “valora positivamente” as cifras anteriores porque suma quen usa o galego “sempre” e quen o fai “ás veces”, dando un total de 89%. Que vos parece? Hai motivos para ser optimistas? Nós non os percibimos.

Praza Pública

        fobia_numero_trece