Feed

PREMIO NACIONAL DE TEATRO 2014

Posted on Novembro 30th, 2014 in Premios by ENDL

Parabéns a Chévere por este merecidísimo recoñecemento.

        Los-actores-Xesus-Ron-Miguel-d_54420281615_54028874188_960_639

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Posted on Novembro 26th, 2014 in Campañas by ENDL

A ESMORGA

Posted on Novembro 23rd, 2014 in Sabías que... by ENDL

    A adaptación cinematográfica de A Esmorga de Eduardo Blanco Amor (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG), dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris (soberbias as súas interpretacións) estreouse,con éxito de público e crítica este venres, 21 de novembro, nas salas de cine. Foi a segunda película en recadación media por cine de todo o estado. Non deixedes de ir vela!

          559546_877889208902747_772818611211611981_n (1)

HOXE RECOMENDAMOS…GUADI GALEGO

Posted on Novembro 15th, 2014 in Hoxe recomendamos... by ENDL

O 25 de novembro sae o último traballo de Gaudi Galego, Lúas de outubro e agosto, e hoxe traemos un avance en forma de vídeo. Matriarcas, unha homenaxe “a todas as mulleres reais que reflicten a resistencia na vida cotiá”.

Campaña ENDL IES CASTRO ALOBRE 2014

Posted on Novembro 11th, 2014 in Campañas by ENDL

Mil grazas a Coral e Laura Piñeiro, de 1º BAC, por esta reflexión, que serviu para a nosa campaña do inicio do curso 2014-2015.

      Pegata 2014

EU DIGO

Posted on Novembro 8th, 2014 in Sociolingüística by ENDL

Desde Ribadeo, este vídeo cómplice co “Ghalegho”. Parabéns, moz@s!

“DE SEU”, MERCEDES PEÓN

Posted on Novembro 6th, 2014 in Sen clasificar by ENDL

Mercedes Peón é unha das mulleres que máis sabe da música tradicional galega. Leva anos dándoa a coñecer por todo o mundo. Unha das moitas mensaxes que repite a través das súas obras é a loita pola lingua. Escoitádea:

“O galego que non fala a lingua da súa terra
non sabe o que ten de seu,
non sabe o que ten de seu
perdidiño polo mundo
sen saber o que sei eu.”

NON ASUMEN QUE COBRAN PORQUE TEMOS UN IDIOMA

Posted on Novembro 2nd, 2014 in Sociolingüística by ENDL

En homenaxe a Begoña Caamaño (Circe ou o pracer do azul, Morgana en Esmelle), quen nos deixou esta semana, traemos este vídeo onde a escritora e xornalista expresa en voz alta o que tantas e tantas veces escoitamos e lamentamos. O uso do castelán por parte daqueles e daquelas que comen grazas á nosa lingua.