Feed

3ª PREGUNTA E TI QUE SABES?

Posted on Maio 24th, 2015 in Concursos e certames by ENDL

Xa estamos na 3ª semana de concurso, ánimo que xa é a recta final. Esta semana as cuestións son sobre Ciencia.

      Ciencia 15

SALVAMANTEIS EN VILAGARCÍA

Posted on Maio 22nd, 2015 in Campañas by ENDL

LETRAS VIVAS

Posted on Maio 17th, 2015 in Campañas by ENDL

Por unhas letras vivas os 365 días do ano.

      Nuevo Documento de Microsoft Publisher (2)

Interentísimo artigo sobre o día das Letras galegas. Lédeo, por favor!
http://www.disquecool.com/2015/05/15/algunhas-cuestions-de-marketing-para-salvar-o-dia-das-letras-galegas/

DAQUELAS QUE CANTAN

Posted on Maio 17th, 2015 in Concursos e certames by ENDL

2ª PREGUNTA E TI QUE SABES?

Posted on Maio 17th, 2015 in Concursos e certames by ENDL

1ª PREGUNTA
Buscade, no corredor de 4º ESO, o cartel da escritora que, actualmente, presenta e dirixe un programa cultural na Radio Galega.
Cal é o nome do programa? Desde que ano se emite? Como se chama ela?
2ª PREGUNTA
No cartel anterior recóllense algúns dos seus libros. Un dos títulos coincide, no uso dunha palabra, con outro poemario que ten como autora a unha poeta falecida, no 1967, en Parada do Courel (podedes buscar o cartel no corredor de 3º ESO)
Cal é o nome desta segunda muller? Cal é esa palabra coincidente? Cales son os títulos dos dous poemarios que concordan no uso do mesmo termo?
3ª PREGUNTA
Seguimos con mulleres poetas. Neste mesmo corredor, ides atopar o cartel dunha escritora que, no 1992, publicou un poemario que tamén ten a mesma palabra máxica que buscabades nas anteriores.
Cal é o título do libro?
Ademais, publicou no ano 2000, unha obra que leva por nome “Daquelas que cantan”. Este verso forma parte dun poema composto por unha das poetas galegas máis universais, que ademais está musicado por outra grande cantante galega.
Quen é esa poeta universal e cal é o espazo do centro ao que lle dá nome? Cal é o nome da artista que o interpreta musicalmente ( vid entrada no blog A voz do Alobre)

PRESUME DE GALEGO

Posted on Maio 15th, 2015 in Celebracións by ENDL

Campaña da CEDNL. Pásao a 17 persoas o 17 de maio e presume de galego.

OLLOS DE AULA, Nº 21

Posted on Maio 13th, 2015 in Ollos de aula by ENDL

1ª PREGUNTA E TI QUE SABES?

Posted on Maio 10th, 2015 in Concursos e certames by ENDL

MASIDE

1º SEMANA: PINTURA

1. Nos corredores do 1º andar no edificio da ESO, os carteis das aulas están adicados a pintores/as. Entre eles hai tres que formaron parte dun movemento de renovación nas artes, chamado “Os novos”. Cales son estes tres artistas?

2. Un destes artistas traballou na súa mocidade nun comercio de tecidos na nosa vila. Cal é o seu nome?

3. Entre as obras pintadas por el, hai unha que serviu para facer unha figura de Cerámicas do Castro/Sargadelo. Cal é o título desta obra?

4. Cando morre, outro pintor amigo seu, escribe un artigo bucólico, no que conta como este lle falou dun muíño que coñeceu de neno nunha aldea, xunto ao río Ulla e o recordo dos cantos das texedoras da aldea. Dílle que lle gustaría vivir os últimos días naquel muíño. Unha vez morto, este amigo, lévao ao seu querido muíño, faille soñar que é o muiñeiro e fai que sete fermosas mozas campesiñas, collidas da man, lle cantan as súas inolvidables cancións, ata facelo durmir eternamente no vello muíño…xa durme no muíño e soña que é o muiñeiro.
Cal é o nome deste amigo?

Podedes buscar información nalgunha das entradas desta páxina do blogue.

BASES E TI QUE SABES?

Posted on Maio 10th, 2015 in Concursos e certames by ENDL
        Bases concurso

        E ti que sabes