Feed

TANXENTE

Posted on Setembro 27th, 2015 in Publicacións by ENDL

Hai tan poucos medios en lingua galega, que cada nacemento é unha alegría.

Hoxe damos a benvida á revista Tanxente, o punto en común coa cultura (Tendencias, Arte, Actualidade, Deportes, Letras…)

Clicade na imaxe e accededes a ela.

      18972

    XENTE INTERESANTE

    Posted on Setembro 24th, 2015 in Xente interesante by ENDL

    Ana Corredoira, gandeira. Expoñente desta nova xeración de mozas e mozos que, con formación, decidiron seguir a tradición familiar e quedar na terra, traballándoa, mantendo así o cerne da nosa identidade. Coñecémola a través dos medios, nun informativo televisivo, falando desta última crise do sector lácteo. Impresionounos a dignidade coa que defendía o que desde sempre a vén acompañando: o traballo no campo e o amor ás vacas. Estes días, de casualidade, buscando material para as aulas, volvemos dar con ela, nunha charla de 16 minutos, na que fala de iniciativa, determinación e ilusión (I+D+i) para vivir. Paga a pena escoitala, reflexionar sobre o que di “a única forma de vivir é vivir sen medo e a ilusión ten a poderosa capacidade de transformar o medo. De transformalo en valor (…)porque o que agora é doado, foi difícil, foi un reto no seu momento”. Orgullo de país!

    HOXE RECOMENDAMOS…ALDAOLADO

    Posted on Setembro 22nd, 2015 in Hoxe recomendamos... by ENDL

    Lucía Aldao e María Lado, ou o que é o mesmo, Aldaolado, ensinan como colocar ben o pronome átono.

    Soberbias!

    Escoitade!

    DE VOLTA!

    Posted on Setembro 15th, 2015 in Sen clasificar by ENDL
      Comezamos curso…

      con azos,
      con ganas,
      con ilusión,
      con pulo,
      con humor (este que no falte, por favor)
      con vontade,
      con entusiasmo,
      con determinación,
      con orgullo,
      con…tigo

    Clicade na imaxe e veredes. Aí é onde queremos chegar… a voar!

        Poesía