Feed

DEZ PASOS PARA O GALEGO

Posted on Novembro 28th, 2015 in Campañas by ENDL

Unha nova campaña da Mesa pola Normalización Lingüística.Por cal empezamos?

        A_Mesa_dez_pasos

HOXE RECOMENDAMOS…CONVIDADOS DE PEDRA

Posted on Novembro 26th, 2015 in Curtas,Hoxe recomendamos... by ENDL

Curta do IES Poeta Añón de Outes contra a violencia machista.Gañadora do I Concurso de Guións contra este tipo de violencia, convocado pola Deputación da Coruña.

25 N- DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Posted on Novembro 24th, 2015 in Sen clasificar by ENDL

A foto é de Helena Almeida e os versos do poemario Corpo baleiro,de Berta Dávila.

        HELENA ALMEIDA

E JORGE MIRA…CHEGOU

Posted on Novembro 22nd, 2015 in Galego e Ciencia by ENDL

O 13 de novembro, venres, foi unha xornada desas que van quedar na memoria de tod@s os que a vivimos na compaña de Jorge Mira.  Celebramos con el a Semana da Ciencia en Galego e aí vai o testemuño gráfico dese día.

Chegou ao instituto e foi recibido polo noso Coordinador, Pepe Torres, perfecto anfitrión que o acompañou ata o laboratorio que leva o seu nome.

      IMGP4442

      IMGP4435

      IMGP4436

      CTs6Q0oXAAAMcRI

      Baixou ao salón de actos, onde foi presentado por Rita e Miriam, dando comezo á charla…

      IMG-20151113-WA0001

      IMGP4473

      Interesounos, aprendemos e incluso, nos divertimos…

        IMGP4452

      Fotografámonos con el…

      IMGP4487

      IMGP4490

      IMGP4491

      IMGP4488

      Christian Fernández demostroulle as súas habilidades como mago…

        IMGP4493

        IMGP4494

    Asinou o seu libro,A ciencia no punto de Mira, esgotado en galego…

    IMGP4486

    Asinou, inaugurándoo, o libro de visitas da nosa Biblioteca. Deixou a súa pegada ad vitam aeternam nunha placa que acompañará, por sempre, á árbore que el escolleu como compañeira…

      CTtN8NpWoAAPUTq

      IMGP4495

      Fíxose unha foto co ENDL do centro (faltaban Sira e Beatriz)…

      IMG-20151113-WA0000

      E aínda tivo tempo de gravar un vídeo. Incrible o deste home, cantas cousiñas pode facer e todas ben!

      Logo, xa pola tarde, tuiteu co alumnado… e ao día seguinte, prensa…Clicade para ler as novas.

      2

      5

      GRAZAS SEMPRE, JORGE MIRA!

    EN QUE LINGUA FALA?

    Posted on Novembro 14th, 2015 in Sociolingüística by ENDL

    Tod@s aquel@s que desempeñen un cargo público deberían saber e/ou recordar que existe un modelo lingüístico de calidade. E aprendelo, claro!

    Transcrición útil para traballar nas aulas:

    En cuanto al señor Fajardo, quería decirle que estamos de acordo sobre alguna consideración que xa fixo o ano pasado sobre alguna cuestión que ten que ver con la … si es convinte o no que exista más representación no CES. En canto a esta cuestión quero decirle que nosotros convenimos en que o terceiro sector e aquela parte da nosa sociedade, excluídos os chamados sector público e privado que desenvolven actividades económicas o sociais sin ámbito de lucro en beneficio da colectividade e considero, sen lugar a dúbidas, que nun futuro próximo debería estar presente nun organismo como é o noso. Sería pois una tarea que deberá abordarse no vindeiro mandato do CES. Creo que esto todavía non está falado dentro pero teño que decile que eu estou de acordo
    En cuanto a la mellora de la página web creo que lo dixe na miña intervención. Es necesario, es necesario que toda actividade que teña o CES pues que esté más reflexada, que tengamos moitísimas más, tanto xornadas como todo o que se está facendo que tenga más visibilidade e por eso lo anunciaba tamén na miña intervención.
    En cuanto a los orzamentos, en cuanto aos orzamentos, decirlle que as contratas de los traballos que se fan de limpieza, etc. etc., los tenemos los tres organismos, los tres organismos que estamos no edificio y están sujetos a licitación pública. Os levamos entre os tres.
    Y que en gastos diversos, efectivamente, en gastos diversos están las jornadas y tamén están como decía, como usted ya pensaba que os cadernos recogen, van a recoger esas jornadas y va a ser el trabajo que se vai a desenrolar a partir de ahora.
    Me fai una pregunta que creo que está suficientemente clara a nivel público que es o asunto do que me habla sobre algo en que yo non teño nada que ver como quedou demostrado. O asunto do que me habla xa ten sido valorado en una primera fase pola investigación previa sin consecuencia xurídica ningua para a miña persoa. Así foi considerado tanto pola fiscalía como pola xuez. Entón no se puede falar de que teña que dar ningún tipo de explicación sobre algo que non existe.
    En canto al señor González Santín…”

    Corina Porro, Comisión de Economía do Parlamento Galego. 3 de novembro do 2015

    Vía Carta Xeométrica

    HOXE RECOMENDAMOS…DE VACAS

    Posted on Novembro 14th, 2015 in Hoxe recomendamos... by ENDL

    Faia, Inés e Paula, De Vacas, acompañadas de Guillerme Fernández (Berrogüeto), versionan éxitos internacionais. Por suposto, en galego.

    A ver se vos soa este!

    Estupendas!

    JORGE MIRA (II)

    Posted on Novembro 11th, 2015 in Galego e Ciencia by ENDL

    Para ir abrindo boca…ou quentando motores. O venres 13 xa está aí.

    CHARLA DE JORGE MIRA

    Posted on Novembro 3rd, 2015 in Galego e Ciencia by ENDL
        Carte 2 Fondo amaraelo

    CHEA DE VIDA

    Posted on Novembro 2nd, 2015 in Música by ENDL

    Animación de Carlos Lago (O Terser Home) para o tema “Chea de vida” recollido no disco “Lúas de outubro e agosto” de Guadi Galego.
    (Letra e música: Pachi García Alis)