Feed

FELIZ ANO 2016

Posted on Decembro 17th, 2015 in Celebracións by ENDL
    nadal 1nadal 2

AS SOBREMESAS DE ANXELES I

Posted on Decembro 17th, 2015 in As sobremesas de Anxeles by ENDL

No Departamento de Lingua Galega e Literatura temos, na reunión semanal, a inmensa sorte de saborear as exquisitas sobremesas da nosa compañeira Anxeles. E como non somos nada egoístas, a partir de hoxe queremos compartilas con tod@s vós. Así que queda inaugurada a sección con este delicioso biscoito de cereixas.

Grazas sempre, Anxeles!

BISCOITO DE CEREIXAS

Ingredientes:

2 ovos
125 gr. de cereixas
175 gr. de fariña
115 gr. de azucre
125 gr. de iogur
75 gr. de manteiga
1 cullerada pequena de levadura
½ de azucre avainillado
150 gr. de chocolate para fundir

Modo de elaboración:
Prender o forno a 180º e untar o molde coa manteiga.
Bater a manteiga que resta co azucre ata obter unha pasta cremosa. Engadir os ovos un a un, despois o iogur e mesturalo ben.
Tamizar a fariña coa levadura e o azucre avainillado.
Engadir as cereixas sen pebida. Poñer no molde.
Derretemos o chocolate ao baño maría, collemos unha culler e imos botando chocolate enriba do biscoito antes de metelo no forno.
Pasados 30´, botamos unha olladiña a ver se está cocido, xa sabedes!, pinchades cun pauciño de brocheta para ver se sae e limpo a xa está listo.

      20151203_102355

      20151203_102621

    GRAZAS E LOGO M…

    Posted on Decembro 15th, 2015 in Sabías que... by ENDL

    Nunha votación promovida por Disquecool durante o Culturgal do ano pasado, buscábase a palabra máis odiada da lingua galega. Grazas, en primeiro lugar. Merda, de segundo.
    Neste vídeo do Portal das palabras, a lingüista María Pereira explica as razóns polas que debemos dicir grazas, e non gracias.

    Vía Carta Xeométrica

    RUXE – RUXE E O ROCK DO PAIS

    Posted on Decembro 13th, 2015 in Música by ENDL

    UXÍA E MAGÍN CANTAN A MANUEL MARÍA

    Posted on Decembro 6th, 2015 in Homenaxes,Música by ENDL

    Canta o cuco, o libro disco homenaxe a Manuel María. Cantan Uxía e Magín, ilustra Leandro Lamas. Todo un luxo!

    EU SON BALBINO…

    Posted on Decembro 1st, 2015 in Homenaxes by ENDL

    Que a terra che sexa leve, mestre!

        images