Feed

HOXE RECOMENDAMOS…TENDAIS

Posted on Xaneiro 30th, 2016 in Xente interesante by ENDL

Nun dos últimos números da revista Luzes, recollíanse algunhas das fotos feitas por Avelino González a numerosos tendais. Sempre nos gustaron porque din moito de nós e indagando, indagando, demos co blog de Avelino, onde se inclúen moitas fotos cos seus respectivos títulos.

Unha auténtica gozada!

Di o autor: SOMOS A ROUPA QUE TENDEMOS e tamén o xeito de tendela.

É certo. A que si?

      blogme-198

      blogme-199

      blogme-203

      blogme-205

      blogme-207

      Tendal 1

ONDE VAN OS CARTOS DUN LIBRO ? III

Posted on Xaneiro 30th, 2016 in Sen clasificar by ENDL

Nesta terceira entrega de Lermos.gal (Onde van os cartos dun libro? ) imos ver con canto queda a xente que os distribúe.

Clicade na foto.

      Captura

LELA….LEMBRANDO A CASTELAO

Posted on Xaneiro 30th, 2016 in Celebracións by ENDL

O 7 de xaneiro de 1950 morría Castelao en Boas Aires. Este ano a Real Academia Galega de Belas Artes adica o día das Artes Galegas deste 2016 ao autor rianxeiro.

Por iso hoxe traemos Lela, peza incluída na súa obra teatral Os vellos non deben namorarse. Interpretada por Dulce Pontes e con música de Carlos Núñez.

AUTOMÓBIL

Posted on Xaneiro 23rd, 2016 in Curtas by ENDL

Moito coidado cos coches de alta gama!

 

Vía Marlou

ONDE VAN OS CARTOS DUN LIBRO? I PARTE

Posted on Xaneiro 23rd, 2016 in Sabías que... by ENDL

En Lermos. gal atopamos dous artigos moi esclarecedores, explicando a onde van os cartos que se derivan da publicación dun libro. Falan   d@s escritor@s e editor@s.

Clicando en cada unha das imaxes obtedes moita máis información.

      we

       

      Captura

HOXE VISITAMOS…CASA MUSEO MANUEL MARÍA

Posted on Xaneiro 23rd, 2016 in Andando país by ENDL

Unha visita pola CASA MUSEO MANUEL MARÍA (OUTEIRO DE REI).

Vides?

Via Carta xeométrica

Curtas para Rosalía

Posted on Xaneiro 23rd, 2016 in Concursos e certames,Curtas by ENDL

Unha muller que pasa.

Gañadora do certame “Curtas para Rosalía”, concurso convocado pola ASPG. Realizada e dirixida por Xosé Bocixa, con música de Luis Liñares e Roi Gil. O guión e edición foi feito a partir de versos de Rosalía de Castro.

HOXE RECOMENDAMOS…O DISQUERRETO

Posted on Xaneiro 17th, 2016 in Hoxe recomendamos... by ENDL

Como estamos en tempos de chuvia, e non hai clima máis acaído que o noso para ler, pareceunos estupendo este disquerreto de Disquecool.

Quen se anima a facelo? Só se trata de ler. Ah! Entrade na páxina e veredes que ao final tamén haberá sorteo literario entre todas aquelas persoas que participen. Nós xa nos puxemos coas  mans nos libros.

Clicade na imaxe e saberedes de que vai todo isto.

      disquerreto-lectura

       

       

LERMOS.GAL

Posted on Xaneiro 17th, 2016 in Publicacións by ENDL

E seguimos con novidades. Un punto de encontro para todas aquelas persoas ás que lles guste ler e en galego. LERMOS.GAL

Necesaria iniciativa. Cantas máis, mellor!

Clicade no enlace

      Captura.

    REVISTA COOLT

    Posted on Xaneiro 17th, 2016 in Publicacións by ENDL

    Sempre é unha alegría darlle a benvida a unha revista nova. Neste caso, chámase Coolt e preséntase como revista de tendencias. Ofrece un chisco de todo e bota a andar, entre outras cousas, cunha entrevista a Sés e un artigo sobre muller e discriminación laboral. Sorte nesta nova andaina.

        Captura