Feed

ATA SETEMBRO

Posted on Xuño 30th, 2016 in Pechado por vacacións by ENDL

Toca descansar. Bo verán, boa lecturas e apertas normalizadoras.

        playa_Renie Britenbucher

GRAZAS, MARÍA

Posted on Xuño 30th, 2016 in Sen clasificar by ENDL

Estes son días de despedidas.

Acaba un novo curso e María Buceta, piar do noso equipo, despídese do IES Castro Alobre. Non abandona o barco da lingua, pero agora comeza outra travesía, e navega xa cara a outros mares, con curiosidade e ilusión, coma sempre.

A rede dos afectos está tecida. Desde a Ría de Arousa, que acubillou a MARÍA durante 10 anos, só nos queda despregar a vela do noso barco e como dicía o poeta rianxeiro Manuel Antonio, usala hoxe como un pano de despedidas, co que estes días enxugamos as bágoas para, no futuro, axitala como bandeira de luz entre dous portos, o dela e o noso.


Traíate o tempo como o vento trae/o oportuno azar./ Estás aquí/ xa para sempre
(EVA VEIGA)

      María Buceta

ATA SEMPRE, MARÍA.

EDNL 2016

Posted on Xuño 30th, 2016 in Final curso by ENDL

Clicando no enlace poderedes ver un vídeo-resumo coas actividades do ENDL Castro Alobre do 2016.

      ENDL 2016

O TEU SON VAIME

Posted on Xuño 17th, 2016 in Música by ENDL

Videoclip realizado polo alumnado de 2º ESO do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) en colaboración co IES Cosme López Rodríguez (A Rúa), o IES San Paio (Tui),o IES de Melide ( Melide),o Agrupamento de Escolas Dr. Júlio Martins (AEJM) (Chaves) e o IES Padre Sarmiento, Vilafranca do Bierzo (León).

A RIQUEZA DAS VARIADADES DIALECTAIS.

LETRAS NO ALOBRE 2016

Posted on Xuño 5th, 2016 in Celebracións by ENDL