Feed

BO ANO 2017

Posted on Decembro 31st, 2016 in Celebracións by ENDL

Foto realizada por Diego Ribadulla Campos, de 1º ESO D

Que a verdade sexa unha luz/ que alume ao mundo enteiro. Versos de Manuel María

ANDANDO A TERRA, CALENDARIO ENDL 2017

Posted on Decembro 18th, 2016 in ALMANAQUE by ENDL

Un ano máis, xa temos o almanaque 2017 do ENDL do IES Castro Alobre. Estase convertendo nun clásico e non é para menos. Cada ano tratamos de ofrecer algo diferente e este non ía ser distinto.

Andando a terra, título dun poemario de Manuel María, é o título escollido. Por que? Pois porque todas as imaxes foron realizadas polo noso alumnado en diferentes lugares do mundo, desde Galicia a New York, pasando por Croacia. Cada foto vai acompañada duns versos de Manuel María.

Grazas, pois, a todo o noso alumnado. Sen el, isto non sería posible.
Grazas a todo o equipo de normalización pola selección feita.
Grazas a María Buceta pola maquetación.
Grazas a Beatriz Alfonsín pola realización deste vídeo, que contén, non só as fotos seleccionadas, senón todas as enviadas.
Grazas a Pepe Torres, coordinador, por toda a loxística que hai detrás.
Grazas a Vanessa, a conserxe, pola distribución.

HOXE VISITOUNOS…HÉCTOR CAJARAVILLE

Posted on Decembro 18th, 2016 in Hoxe visítanos... by ENDL

Héctor Cajaraville, autor de De remaye, ofreceu este venres unha charla ao alumnado de 2º BAC.

Grazas a Adrián e Mateo pola presentación!

Un pracer escoitalo!

O GALEGO NON PARA

Posted on Decembro 2nd, 2016 in Xente interesante by ENDL

O EDLG do IES Chapela xa nos ten acostumad@s ao traballo ben feito e este vídeo (mannequin challenge)” O galego non para” é unha nova mostra.

Música: Berrogüetto – “Cantos de Monzo” do álbum “Hepta” (2001). Voces: Xabier Díaz e Guadi Galego.

Parabéns!

HOXE VISÍTANOS…MANUEL PORTAS

Posted on Decembro 2nd, 2016 in Hoxe visítanos... by ENDL

Hoxe contamos coa presenza no IES Castro Alobre de Manuel Portas, ex-alumno do centro e agora profesor, escritor, director do IES Arcebispo Xelmírez I e apaixonado da nosa historia e literatura.

Falounos da súa última obra, Lourenço, xograr, e de como foi o proceso de investigación e o de creación da novela.

Os nosos agradecementos polo tempo compartido e as palabras deixadas.

    unnamed

    unnamed-3

    unnamed-2

    unnamed-1