Feed

HOXE VISÍTANOS…XURXO MARIÑO

Posted on Xaneiro 28th, 2017 in Hoxe visítanos... by ENDL

Chegou o día. 24 de xaneiro de 2017, 12:15. Salón de actos do IES Castro Alobre ateigado co alumnado de 1º BAC. Organizan equipo de Biblioteca e EDNL.

E fai a súa entrada Xurxo Mariño. Preséntano Clara e Alberto.

Comeza a súa charla amosando o percorrido da viaxe que fixo ao longo de 11 meses. Africa, Asia, América, Europa, Oceanía.

Entusiasma co seu relato. Avión,avioneta, barco, tren, e moito, moito coche… Grandes estruturas xeolóxicas, incribles conexións entre os distintos continentes, as xentes das diferentes culturas, os animais…


    Case 75 minutos de charla que nos soubo a pouco. Rematou levantando pesas con algún dos agasallos.

      Foto con parte do equipo e o director, mentres asinaba o libro de honra da Biblioteca.


    Visita á aula Xurxo Mariño

    Visita á arbore que apadriñou… con Olga, Vanessa, Sira, Ana e Bea.

    E vídeo gravado onde di que ” cada lingua é unha entrada a un universo único” ou ” UNHA COMBINACIÓN BRILLANTE: A LINGUA GALEGA E A COMUNICACIÓN DA CIENCIA”.

    Grazas sempre, Xurxo, por esta xornada chea de ciencia, galego e entusiasmo.

    E ao final do día, Xurxo aínda tivo tempo de adicarnos unha entrada no seu Facebook.Parte do equipo con Pepe, o coordinador. Pódese pedir máis?

VISÍTANOS…XURXO MARIÑO

Posted on Xaneiro 21st, 2017 in Novas by ENDL

O martes, ás 12:15, para o alumnado de 1º BACH… Xurxo Mariño

    E para ir abrindo boca…