Feed

MEMORIA 2016-17

Posted on Xuño 25th, 2017 in Final curso by ENDL

ENORMIC

Posted on Xuño 18th, 2017 in ENORMIC by ENDL

A revista de banda deseñada dos Equipos de Normalización Lingüística do Salnés, ENÓRMIC, presentouse no IES Ramón Cabanillas de Cambados o martes día 30 de maio. A portada e a contraportada son obra do debuxante de cómic e artista multimedia Manel Cráneo, que por motivos de traballo non se puido achegar ao acto, pero que nos fixo chegar un vídeo de apoio e felicitación polo proxecto.

O limiar correu a cargo de Ramón Caride. O escritor cambadés homenaxea á profesora Rosa Feixoo, membro da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Salnés, unha das promotoras da revista e desgraciadamente falecida este mesmo curso.

Do IES “Castro Alobre” foron publicados dous traballos: Tráiler de Leire Unanua e Carla Piñeiro de 2º ESO C e Vida só hai unha de Lucía Barca Barreiro de 1º ESO “B”

NORABOA !!!


POUSAVASOS

Posted on Xuño 5th, 2017 in Campañas by ENDL

Actividade realizada en colaboración co concello para a promoción do idioma en Vilagarcía.

Grazas a todo o alumnado participante.