Feed

ENORMIC

Posted on Xuño 18th, 2017 in ENORMIC by ENDL

A revista de banda deseñada dos Equipos de Normalización Lingüística do Salnés, ENÓRMIC, presentouse no IES Ramón Cabanillas de Cambados o martes día 30 de maio. A portada e a contraportada son obra do debuxante de cómic e artista multimedia Manel Cráneo, que por motivos de traballo non se puido achegar ao acto, pero que nos fixo chegar un vídeo de apoio e felicitación polo proxecto.

O limiar correu a cargo de Ramón Caride. O escritor cambadés homenaxea á profesora Rosa Feixoo, membro da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Salnés, unha das promotoras da revista e desgraciadamente falecida este mesmo curso.

Do IES “Castro Alobre” foron publicados dous traballos: Tráiler de Leire Unanua e Carla Piñeiro de 2º ESO C e Vida só hai unha de Lucía Barca Barreiro de 1º ESO “B”

NORABOA !!!


Os comentarios están pechados.