Feed

E TI QUE SABES?

Posted on Marzo 15th, 2017 in Concursos e certames by ENDL

REPARTO MOCHILAS ROSALÍA

Posted on Marzo 4th, 2017 in Celebracións by ENDL

E chegou o día do reparto!!!

Grazas ao alumnado e a Vanessa, por facelo posible!

Tamén se recolleu a nova nas páxinas de LA Voz de Galicia

SALVEMOS CATASÓS!

Posted on Marzo 4th, 2017 in Xente interesante by ENDL

Vídeo realizado polo alumnado de Filosofía do IES Colmeiro (Silleda) na defensa das fragas de Catasós (Lalín).

Grazas, María!

+ ROSALÍA

Posted on Febreiro 18th, 2017 in Celebracións by ENDL

Cartel de Lola, de 1º ESO C, para celebrar o 24 de febreiro.

    PASEOS POR VILAGARCÍA SUBTITULADOS EN FRANCÉS

    Posted on Febreiro 18th, 2017 in Sabías que... by ENDL

    Xa están os Paseos Vilagarciáns subtitulados ao Francés. Grazas a Sandra, Solange e Susana, do Departamento de Francés, pola tradución e grazas a Bea pola edición!!!

    ROSALÍA 2017

    Posted on Febreiro 18th, 2017 in Celebracións by ENDL

    Este ano celebrámolo cos Cafés con(versos) e estas mochilas.

    O deseño de Isabel Rodríguez, de 1º ESO C.

    HOXE VISÍTANOS…ANIK NANDI

    Posted on Febreiro 12th, 2017 in Hoxe visítanos... by ENDL

     

    Anik Nandi,sociolingüista bengalí, ofreceu unha charla no centro para alumnado de 2º BAC. Falounos da minorización das linguas, vencellando a situación galega e hindú, achegounos curiosidades da cultura do seu país e deixounos maravillad@s co seu dominio do idioma e a retranca galega. Soubemos do seu amor pola poesía de Manuel María e agasollounos co noso nome en bengalí.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2017/02/10/span-langgleu-non-elixin-galego-foi-lingua-me-escolleu-minspan/0003_201702A10C4991.htm

     

    HOXE RECOMENDAMOS…ALALÁ DE MUXÍA

    Posted on Febreiro 12th, 2017 in Hoxe recomendamos... by ENDL

    Grazas, Paloma!

     

    SABÍAS QUE…

    Posted on Febreiro 3rd, 2017 in Sabías que... by ENDL

    Boas novas! Achegándonos xa ao Día de Rosalía, o 24 de febreiro, acabamos de coñecer que o aeroporto da Lavacolla pasará a chamarse ROSALÍA DE CASTRO.
    Pero non só iso, a compañía Norwagian decidiu que o BOEING 737-800, DE 186 prazas, leve o rostro da nosa poeta. A razón está nas palabras do presidente da aeroliña norueguesa, quen afirmou que ” Rosalía era ideal: recuperou o galego como lingua de cultura e foi pioneira no feminismo”.

    Agora só queda que a compañía cambie o de Spanish author por Galicien author

      HOXE VISÍTANOS…XURXO MARIÑO

      Posted on Xaneiro 28th, 2017 in Hoxe visítanos... by ENDL

      Chegou o día. 24 de xaneiro de 2017, 12:15. Salón de actos do IES Castro Alobre ateigado co alumnado de 1º BAC. Organizan equipo de Biblioteca e EDNL.

      E fai a súa entrada Xurxo Mariño. Preséntano Clara e Alberto.

      Comeza a súa charla amosando o percorrido da viaxe que fixo ao longo de 11 meses. Africa, Asia, América, Europa, Oceanía.

      Entusiasma co seu relato. Avión,avioneta, barco, tren, e moito, moito coche… Grandes estruturas xeolóxicas, incribles conexións entre os distintos continentes, as xentes das diferentes culturas, os animais…


        Case 75 minutos de charla que nos soubo a pouco. Rematou levantando pesas con algún dos agasallos.

          Foto con parte do equipo e o director, mentres asinaba o libro de honra da Biblioteca.


        Visita á aula Xurxo Mariño

        Visita á arbore que apadriñou… con Olga, Vanessa, Sira, Ana e Bea.

        E vídeo gravado onde di que ” cada lingua é unha entrada a un universo único” ou ” UNHA COMBINACIÓN BRILLANTE: A LINGUA GALEGA E A COMUNICACIÓN DA CIENCIA”.

        Grazas sempre, Xurxo, por esta xornada chea de ciencia, galego e entusiasmo.

        E ao final do día, Xurxo aínda tivo tempo de adicarnos unha entrada no seu Facebook.Parte do equipo con Pepe, o coordinador. Pódese pedir máis?