Feed

Entrega de premios do E TI QUE SABES?

Posted on Maio 22nd, 2012 in Concursos e certames,Letras Galegas by ENDL
        Laura, Nahima e Paula

        Laura, Nahima e Paula

        Marta, Miguel e Jose

        Marta, Miguel e Jose

        Nuria, Carlota e Alba

        Nuria, Carlota e Alba

O mércores 16 de maio os do ENDL entregamos os premios ás gañadoras e mais aos finalistas do concurso cultural            E TI QUE SABES?
Como xa sabedes, a última das probas que tiveron que realizar, tras resolveren con éxito as preguntas sobre Música, Literatura, Xeografía e Historia, consistiu na elaboración dun cómic sobre a vida do autor homenaxeado este ano no  Día das Letras Galegas: Valentín Paz Andrade.
Aos membros do Equipo non nos resultou nada doada a decisión final, pois os tres traballos son dunha calidade e factura extraordinarias. E xustamente por iso, porque son pequenas obras de arte, subímolas hoxe ao blog para compartilas con todos vós. Só tedes que clicar co rato en cada un dos premios para poder visualizalas.
Moitas grazas aos equipos finalistas e a todos os que participaron no concurso. Vémonos na vindeira edición.

 

1º PREMIO: PAULA COBO, NAHIMA GARRIDO E LAURA REDONDO

2º PREMIO: MARTA CARREGAL, JOSE LÓPEZ E MIGUEL TOMÁS

3º PREMIO: CARLOTA CARREGAL, NURIA PÉREZ E ALBA REY

 

 

MÁIS LOIS

Posted on Xuño 6th, 2011 in Homenaxes,Obradoiros,Sabías que... by ENDL

 

SABÍAS QUE…

Un centón ou preverbio é unha composición poética que se constrúe combinando versos (ou medios versos) xa preexistentes. Os bos centoneiros e centoneiras poden utilizar versos enteiros ou fundir dous hemistiquios nun só verso, pero nunca empregar dous versos do mesmo poema seguidos. Os poemas resultantes adquiren sentidos e significados que transcenden os textos orixinais.

Velaquí tedes dous centóns elaborados por unha alumna e un alumno de 1º BAC. Nesta ocasión os versos son todos de Lois Pereiro e o resultado é excepcional. LEDE, LEDE…

A vida é coma unha besta en perigo.

A vida non é eterna para ninguén.

Que ben se sinte un cando non teme  nada.                                                                                     

Eu son un deus sensual,                                                                                                                                                        

náufrago da expulsión do paradiso.

Son un mutante,

a memoria gótica do terror que sinto.

A indiferenza mata,

o desamor, brutal amputación.

Sintonizo a emisora da súa alma,

teño a cabeza no centro do mundo.

No amor, como na guerra, oímos o tiro que nos alcanza.

A morte, como o amor, nunca advirte por onde se nos achega…

(Jacobo Roo)

 

Son un mutante,

que amor/tóxico inxecta.

Son xa un veterán de moitas guerras

e só quero obter o que eu mereza e me queiran dar.

Eu son un deus sensual,                                                                                                                          

náufrago da expulsión do paradiso.

Que ben se sinte un cando non teme nada…                                                                                                

E agora pecha os ollos,

bícame as vértebras con furia.

Explórote cos ollos,

paséome por ti,

descúbrote por dentro.

(Ós que aman con espírito suicida)

Días contados de paixón inerte,

a vida non é eterna para ninguén;

todos probamos o mel e despois o coitelo.

(Sara Salgado)

COÑECENDO MELLOR A LOIS PEREIRO

Posted on Maio 14th, 2011 in Celebracións,Homenaxes by ENDL

Hoxe subimos ao blog tres magníficas presentacións sobre Lois Pereiro elaboradas por cinco alumnas de 1º BAC, que quixeron achegarse co seu traballo un pouquichiño máis á figura do poeta e acabaron descubrindo un gran ser humano.
PARABÉNS, MOZAS, BO TRABALLO! GRAZAS POR COMPARTILO CON NÓS

Have A Cigar