Feed

HOMENAXEAMOS A DOUS GRANDES NAS NOSAS LETRAS

Posted on Abril 22nd, 2011 in Celebracións,Homenaxes,Obradoiros by ENDL

Este curso 2010-11 nos tradicionais Murais literarios das Letras no Alobre quixemos render homenaxe a dous grandes da nosa Literatura: Álvaro Cunqueiro, no ano do Centenario do seu nacemento, e Lois Pereiro, a quen se dedica o Día das Letras Galegas.

Amosámosvos no blog os mellores murais (parabéns a todos os grupos e titores/as que os realizaron; son do melloriño) e mais o noso pequeno e agarimoso recordo destes dous xeniais intérpretes do mundo, dos soños e da vida:

Se o vello Sinbad volvese ás illas, Invitando á Xente de aquí e acolá a partillar esa viaxe de Días contados de paixón inerte e soños urxentes, Acharía no camiño o náufrago do amor e a enfermidade.

E xuntos, cuspindo verbas de furia necesaria, regalaríanlle á lingua mil primaveras máis.

Murais de Cunqueiro (clica nas imaxes para agrandalas)

 

Murais de Lois Pereiro (clica nas imaxes para agrandalas)

CAMISETAS CON MENSAXE (E VIAXEIRAS)

Posted on Abril 20th, 2011 in Celebracións,Obradoiros by ENDL

Este curso os do ENDL decidimos integrar o xa tradicional Obradoiro de Camisetas na celebración das Letras no Alobre. Nel participaron os alumnos e alumnas de 4º ESO A e B, acompañados das rapazas e rapaces franceses que viñeron de intercambio.  Seica os nosos visitantes o pasaron pipa e, como marchaban ao día seguinte, quixeron levar as camisetas consigo de recordo. Así que, apenas agardando o tempo xusto para que as “obras de arte” secasen no tendal improvisado para a ocasión, coma raios arramplaron con elas sen que puideramos tirar foto de todas. Mágoa! 

Mostrámosvos no blog os deseños dos máis lentos (ou dos que menos présa se deron, vaia, que tampouco é cuestión de ofender). Quédannos o consolo e o orgullo de mandarmos un anaquiño da nosa lingua á outra beira dos Pireneos…