Feed

FELICES FESTAS!

Posted on Decembro 21st, 2011 in Celebracións by ENDL

Xa temos gañadora do Concurso de Tarxetas de Nadal do curso 2011/12: Sara Fandiño Acha, de 2º ESO C, que nos transmite co seu deseño un montón de optimismo e orgullo, que non é pouco. Parabéns, Sara!

Todas as persoas que facemos parte do ENDL do IES Castro Alobre desexámosvos unhas moi felices festas e unha espectacular entrada no ano 2012. Sen dúbida, esa entrada será aínda mellor se comezamos o o ano cun gran sorriso e unha fermosa lingua nos beizos…

Cos mellores desexos, ghe ghe

Posted on Xaneiro 16th, 2011 in Concursos e certames by ENDL

Velaquí tedes a postal gañadora do Certame de Tarxetas de Nadal deste ano. Desde o ENDL aproveitamos para vos desexar unhas boas festas de Nadal e pedimos desde o noso blog este desexo: que no 2011 faledes moito galego. Do contrario… Vaites, vaites con Bart Simpson, este si que non ten pelos na lingua!