Feed

CAMISETAS CON MENSAXE (E VIAXEIRAS)

Posted on Abril 20th, 2011 in Celebracións,Obradoiros by ENDL

Este curso os do ENDL decidimos integrar o xa tradicional Obradoiro de Camisetas na celebración das Letras no Alobre. Nel participaron os alumnos e alumnas de 4º ESO A e B, acompañados das rapazas e rapaces franceses que viñeron de intercambio.  Seica os nosos visitantes o pasaron pipa e, como marchaban ao día seguinte, quixeron levar as camisetas consigo de recordo. Así que, apenas agardando o tempo xusto para que as “obras de arte” secasen no tendal improvisado para a ocasión, coma raios arramplaron con elas sen que puideramos tirar foto de todas. Mágoa! 

Mostrámosvos no blog os deseños dos máis lentos (ou dos que menos présa se deron, vaia, que tampouco é cuestión de ofender). Quédannos o consolo e o orgullo de mandarmos un anaquiño da nosa lingua á outra beira dos Pireneos…