Feed

TEMOS PALABRAS MILENARIAS. ÍMOLAS PERDER?

Posted on Xuño 25th, 2011 in Campañas,Exposicións,Sabías que... by ENDL

 

Esta última semana do curso fixemos unha cousa ben bonita entre os membros do Centro: profes, alumnos/as, conserxes, persoal administrativo e da limpeza, pais e nais… todos participamos na recollida, en post its de cores, das nosas palabras preferidas do galego e xuntamos unha cifra non pequena: 727! Aí queda iso!

Colocámolas todas nun fermoso mural: o das nosas Palabras Milenarias.

 

Pero á actividade faltáballe unha voltiña máis, un chisco de reflexión por parte de todos os participantes. E é que a exposición resultou todo un éxito de participación e o mural digno de ver, pero agora que comezan as vacacións esas palabras ficarán pegadas nesa parede do instituto, sen que ninguén as vexa durante dous meses… E, claro está, as palabras, as linguas, non viven nos papeis nin nas paredes, así que desde o ENDL convidámosvos a todos e todas á reflexión: DEPENDE DE NÓS.