Feed

LOIS NO INSTITUTO E EN VILAGARCÍA

Posted on Maio 29th, 2011 in Celebracións,Exposicións,Homenaxes by ENDL

 

Os do ENDL estamos que non paramos coa homenaxe a Lois Pereiro. Estas foron as dúas últimas actividades relacionadas co poeta nas que participamos:

_ Colaboramos co Departamento de Lingua Galega e Literatura na actividade “Lois en Vilagarcía”, coa recollida de fotos de alumnos e alumnas que levaron os versos do poeta a pasear pola vila. A exposición quedou ben chula. Velaquí algunhas das fotos:

 

_ Por último, deseñamos unha actividade de carácter didáctico e cultural: o Roteiro Lois. Utilizando como base os cartaces que todos os anos envía a Consellaría, elaboramos un cuestionario a partir da información contida en cada un deles e colgámolos, ao chou, por distintos espazos do Centro: desde a Biblioteca, pasando polas oficinas, chegando ao pavillón, facendo descanso na cafetaría até chegar ao edificio de Bacharelato. Os alumnos e alumnas, cuestionario en man, dispuxeron dos 50 minutos dunha sesión para percorreren o instituto e daren resposta a todas as preguntas. É E QUE NON HAI COMO OBTER INFORMACIÓN DE PRIMEIRA MAN! E O DE SAÍR DE PASEO POLO CENTRO TAMPOUCO CHE ESTÁ NADA MAL…